Skip to Content

Secretaría

INFORMACIÓN DE INTERESE

NOVAS

 

 ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

COMEDOR

 

SECRETARÍA VIRTUAL

AXUDAS


 CALENDARIO ESCOLAR

 

 

 

Reserva de praza alumnado curso 2023/24

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2023/24 coa fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

O prazo estará aberto do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 ambos incluídos. A solicitude pódese facer en liña, través da correspondente aplicación, ou de xeito presencial no centro.

Achéganse os impresos en galego e castelán para a reserva de solicitude.

Máis información | Admisión alumnado

Eleccións Consello Escolar 2022

Achégase a información relativa ao procedemento de eleccións ao Consello Escolar de 2022.

Aclaracións con respecto aos cambios nas áreas de influencia no Concello de Cerceda

O alumnado previamente matriculado en calquera dos centros de Cerceda ten dereito a continuar nel para o próximo curso académico e sucesivos. A súa situación no varía.

Se algunha familia quixera mudar de centro, pode presentar unha solicitude fóra de prazo no centro da súa elección. Dentro da súa área de influencia, o alumnado terá dereito aos servizos complementarios dese centro.

Novas áreas de influencia do Concello de Cerceda

De conformidade co artigo 2 do decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e da orde do 12 de marzo de 2013, emítese resolución de delimitación de áreas de influencia do concello de Cerceda:

  • O CPI O Cruce acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido nas parroquias de Cerceda, Encrobas e Meirama.

 

  • O CEIP Celso Emilio Ferreiro acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido na parroquias de Queixas, Xesteda e Rois”.

 

Listaxe definitiva admisión curso 2022/23

Dende hoxe 14 de maio pódese consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar. Para poder acceder á consulta de dita información, seguindo a lexislación vixente, poden facelo:

• Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. O horario será: de lúns a venres de 9:45 a 11:00 e de 14:20 a 15:50 horas. Non é preciso solicitar cita previa.

• Telemáticamente: A través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital. Premendo neste enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

• O prazo de formalización de matrícula para o novo alumnado será do 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive. Informaremos, a través da páxina web, do horario de atención na secretaría do centro para a realización de dito tramite.

Apertura do prazo para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo

Unha vez determinado que o número de solicitudes para 4º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) é superior ao de prazas ofertadas; e tal e como se regula na Orde. 12 de marzo de 2013, art.17, punto 1: "o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo".

O prazo de presentación na secretaría do centro (previa cita) será dende o día 24 de marzo ata o 6 de abril, ambos incluídos.

Para máis información consulten os ficheiros adxuntos

Distribuir contido


by Dr. Radut