Novas áreas de influencia do Concello de Cerceda
- Taboleiro |
- Novas |
- Secretaría
De conformidade co artigo 2 do decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e da orde do 12 de marzo de 2013, emítese resolución de delimitación de áreas de influencia do concello de Cerceda:
- O CPI O Cruce acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido nas parroquias de Cerceda, Encrobas e Meirama.
- O CEIP Celso Emilio Ferreiro acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido na parroquias de Queixas, Xesteda e Rois”.