Skip to Content

Bolsas e axudas

Apertura a convocatoria de bolsas para o curso 2024/25

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, abre mañá o prazo para solicitar as bolsas de estudios Post-Obrigatorios para o curso 2024/25, destinadas a Bacharelato, Formación Profesional e Estudos Universitarios.

A solicitude é telemática, desde a páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional:

Ligazón á sede electrónica

Máis información | Becas e axudas 

Fondo libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso 2023/24

Fondo libros axudas material 2023 2024

Para a olicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar está aberto o prazo desde o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023. 

A solicitude pódese facer a través da aplicación de Fondo libros con presentación en Sede Electrónica ou imprimindo os Anexos I e II e entregándoos cubertos presencialmente no centro educativo.

Máis información | Orde do 10 de maio de 2023

Axudas para o alumnado con NEAE

O prazo para solicitar axudas para o alumnado con NEAE está aberto ata o 20 de setembro de 2023.

A solicitude faise a través da sede electrónica.

Máis información | Ministerio de educación e formación profesional 

Distribuir contido


by Dr. Radut