Skip to Content

Axuda e instrucións para o pagamento do servizo de comedor

O pagamento do servizo de comedor pódese facer presencialmente no banco co impreso correspondente que facilita o centro educativo, pero tamén de xeito telemático a través de dúas canles:

  • Pagamento con tarxeta, a través de Espazo Abalar (non confundir coa aplicación Abalar Móbil) e a plataforma do CIXTEC, con calquera navegador se dispoñemos de certificado dixital ou chave 365. Neste caso o impreso de aboamento de taxas está xa previamente cargado na aplicación.
  • Pagamento con tarxeta (ou Bizum), a través a Oficina Virtual ATRIGA e TPV con calquera navegador e acceso libre, sen necesidade de identificación. Neste caso podemos recoller/solicitar o impreso no centro educativo para coñecer o importe ou calculalo nós mesmos multiplicando o prezo por día polo número de días nos que o/a alumno/a utilizou o servizo de comedor no mes en cuestión.

A vantaxe do uso do Espazo Abalar é que, se empregamos ese método de pago, non é necesario presentar xustificante do mesmo no centro. Nos outros casos haberá que presentar o xustificante do pago presencialmente ou enviándoo por correo electrónico.

A continuación deixámosvos as ligazóns para acceder ás dúas plataformas e unhas indicacións de axuda en relación cos procedementos.

 

                         

 

INSTRUCIÓNS PARA O PAGO A TRAVÉS DA OFICINA VIRTUAL DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA)

 

 

INDICACIÓNS PARA O PAGAMENTO A TRAVÉS DO ESPAZO ABALAR E A PLATAFORMA DO CIXTEC

Se accedemos ao portal do Espazo Abalar, a continuación temos que premer en Acceso aos servizos.

espazo abalar

Para acceder á aplicación podemos empregar certificado dixital ou Chave 365, se queremos empregar este segundo método debemos seleccionalo no despregable do menú de identificación xa que por defecto aparece Usuario de Educación.

 

abalar chave 365

Unha vez dentro para facer o pago telemático con tarxeta hai que seguir a ruta: 

EspazoFamilias > Servizos complementarios > Comedor > CIXTEC

Despois de realizar o pago na app do CIXTEC hai que facer clic en "Continuar" para acceder de volta a espazo Abalar confirmando que o procedemento se realizou correctamente. A xustificación é automática, neste procedemento, non é necesario remitirlla ao centro.

Lembrade que:

  • O pagamento do comedor deberá realizarse entre os días 1 e 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo.
  • Os usuarios deberán comunicarlles obrigatoriamente aos centros de ensino os días que non vaian facer uso do comedor antes das 9:45 h de cada día se queren que eses días nos sexan tidos en consideración nos pagamentos.
  • A falta de aboamento total ou parcial do importe do servizo por parte dos usuarios será causa de perda da praza de comedor por acordo do Consello Escolar do centro. Os incumprimentos no pagamento dos prezos públicos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.

Máis información | INSTRUCIÓN 2/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024

AdxuntoTamaño
Instrucións pago comedor a través da OV Tributaria.pdf950.86 KB


story | by Dr. Radut