Skip to Content

Novas

Eleccións Consello Escolar 2022

Achégase a información relativa ao procedemento de eleccións ao Consello Escolar de 2022.

Alumnado de 1º ESO participa esta semana na Digitalweek

Entre os días 30 de outubro e 5 de novembro, alumnado de 1º ESO do CPI Plurilingüe O Cruce participa en Gandarío no programa de inmersión lingüística, mediante o desenvolvemento de actividades dixitais, da CCEFPU Digitalweek

AXUDAS COMPLEMENTARIAS DE MATERIAL ESCOLAR

Atendendo ao regulado na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:

- Todas as persoas beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. 

- Este vale deberá empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

- No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro nunca pode expedir un duplicado.

- A persoa que acuda ao centro a recoller o vale debe de ser a mesma que realizou a solicitude. Non caso de non poder asistir, deberá de autorizar a outra persoa maior de idade, que presentará no centro dita autorización xunto co seu DNI.

- Poden recoller o vale a partir de mañá martes 18 de outubro

Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Achéganse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

 

4º Educación Infantil curso 2022/23: período de adaptación

Aclaracións con respecto aos cambios nas áreas de influencia no Concello de Cerceda

O alumnado previamente matriculado en calquera dos centros de Cerceda ten dereito a continuar nel para o próximo curso académico e sucesivos. A súa situación no varía.

Se algunha familia quixera mudar de centro, pode presentar unha solicitude fóra de prazo no centro da súa elección. Dentro da súa área de influencia, o alumnado terá dereito aos servizos complementarios dese centro.

"Ata pronto, adeus" a nosa película de Cinema en Curso

O pasado martes 21 de xuño o alumnado de 2º ESO B e as súas familias, xunto co resto da comunidade educativa, asistiron á estrea da película Ata pronto, adeus, realizada por elas e eles ao longo do curso co acompañamento do cineasta Xacio Baño, dentro do programa Cinema en Curso, programa internacional no que participan escolas de todo o mundo. O alumnado descubriu todo o traballo que implica o proceso de creación, escritura e filmación, pero tamén a emoción das experiencias familiares compartidas e a tristura de ter que descartar tantas gravacións importantes que non tiveron cabida por a limitación do tempo da película. Toda unha experiencia chea de agradecementos a todos os que colaboraron nela.

Nos seguintes enlaces pódense ver o proceso de creación da nosa película, así como o making of de todas as películas realizadas no programa, e as propias películas

https://www.cinemaencurs.org/ca/node/7789

https://bit.ly/3Nsxfb4

'Ata pronto, adeus', CPI O Cruce (Cerceda), Cinema en curso 2021-2022 from Cinema en curs on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut