Skip to Content

O CPI O Cruce recibe o Recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2022

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), celebra as súas "Xornadas Anuais de Difusión e Informativas Erasmus+" nestes días 19 e 20 de decembro de 2022, de xeito presencial no Teatro Real de Madrid e virtual con streaming a través da canle de Youtube do SEPIE.

Durante estes días de xornadas, a Axencia Nacional SEPIE da a coñecer os resultados acadados durante o ano 2022 en España, especialmente nomarco do Ano Europeo da Xuventude e a celebración do 35º aniversario do programa Erasmus+, así como as novidaddes da convocatoria de propostas do programa Erasmus+ para 2023. publicada recentemente pola Comisión Europea.

Neste marco das Xornadas Anuais, organizacións españolas de educación e formación que destacan notablemente recibirán un recoñecemento á calidade dos seus proxectos Erasmus+ por parte da Axencia Nacional SEPIE. O noso centro ten a honra de atoparse entre os premiados na categoría de educación escolar. A nosa directora Gema I. Castro recolle hoxe o galardón en nome do centro no Teatro Real de Madrid.

Os premiados nesta edición de 2022 no sector de Educación Escolar son:

• Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda, A Coruña).

• Instituto de Educación Secundaria “Nicolás Estévez Borges” (Icod de los Vinos, Tenerife).

• Valeria Isabel Tagliafierro Moreno, alumna del Instituto de Educación Secundaria “Gabriel Alonso de Herrera” (Talavera de la Reina, Toledo).

• Centro del Profesorado de Jaén.

• Universidad de Zaragoza.

Neste mesmo contexto, ademais, intervirán diversos poñentes da Comisión Europea de ESN España, de organizacións de educación e fomación, ademais de participantes en mobilidades e proxectos de cooperación Erasmus+. Gema I. Castro, directora do CPI O Cruce, tamén participará nunha das mesas redondas onde se compartirán experiencias inspiradoras, co fin de promover os valores comúns europeos a través da educación e a formación.

Moitos parabéns a toda a comunidade educativa do CPI Plurilingüe O Cruce por este recoñecemento e moitas grazas ao SEPIE polo seu apoio sempre e pola difusión.

Más información | Sepie



story | by Dr. Radut