Skip to Content

Novas

Dispoñibles para descarga os datos da nosa estación meteorolóxica

A estación meteorolóxica do centro comparte os datos en tempo real na nube e podedes acceder a eles premendo nesta ligazón.

Unha vez dentro, premendo en "Ver más datos" podedes acceder a históricos diarios, semanais e menuais, representados graficamente, que permiten facer comparacións de magnitudes físicas de interese meteorolóxico de forma sinxela.

Máis información | Weather Cloud

Mandadiños do Bartolo para o Entroido

Reserva de praza alumnado curso 2023/24

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2023/24 coa fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

O prazo estará aberto do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 ambos incluídos. A solicitude pódese facer en liña, través da correspondente aplicación, ou de xeito presencial no centro.

Achéganse os impresos en galego e castelán para a reserva de solicitude.

Máis información | Admisión alumnado

Felices festas!

O CPI O Cruce recibe o Recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2022

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), celebra as súas "Xornadas Anuais de Difusión e Informativas Erasmus+" nestes días 19 e 20 de decembro de 2022, de xeito presencial no Teatro Real de Madrid e virtual con streaming a través da canle de Youtube do SEPIE.

25N O CPI O Cruce contra a violencia de xénero

Vídeo Samaín 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut