Skip to Content

Participamos na XVI Feira Matemática en A Coruña, organizada por Agapema

O pasado sábado 15 de abril de 2023, participamos en Palexo (A Coruña) na XVI Feira Matemática organizada por Agapema. As alumnas de 3º ESO Sara Pereiro Vázquez e Yurena Rodríguez Rey, en representación das súas compañeiras e compañeiros, xunto co seu profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Xacobo de Toro, atenderon o stand do Colexio oficial de Médicos de A Coruña amosando o seu proxecto RCP e convidaron aos asistentes á feira a fabricar os seus torsos con materiais reciclados.

Escaneando os códigos QR podedes acceder ás presentacións e vídeos sobre o proxecto que tamén presentaremos, xunto con outros proxectos científicos, o sábado 6 de maio de 2023 en Ciencia na Rúa.

Máis información | Agapema



story | by Dr. Radut