Skip to Content

Premio para o alumnado de 3º ESO no concurso escolar sobre RCP do Colexio Oficial de Médicos

Premio RCP

No día de hoxe o alumnado de 3º ESO recibiu na Cidade de Cultura un premio pola súa participación no concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar do Colexio Oficial de Médicos. Os centros premiados foron xunto co noso, Centro Público Integrado CPI O Cruce, o instituto IES Perdouro de Burela, o colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e o colexio CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros. 

Explicación bonecos RCP

En particular o noso alumnado foi galardoado polos bonecos para adestrar as manobras da reanimación cardiopulmonar que realizaron de maneira sinxela e empregando materiais de refugallo nas clases de bioloxía e xeoloxía co seu profesor Xacobo de Toro, ademais dos vídeos explicativo-didácticos que os acompañan. O xurado valorou o seu potencial uso en todos os centros educativos e o compromiso do proxecto cos valores de respecto ao mediambiente e sostibilidade.

Aldara e Sara representaron marabillosamente a todos os seus compañeiros e compañeiras explicando o proxecto na cerimonia de entrega dos premios. Bo traballo e moitos parabéns!

Máis información | Portal Educativo



story | by Dr. Radut