Skip to Content

Lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI

O pasado mércores 22 de maio na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) tivo lugar o lanzamento da sexta cápsula estratosférica da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA). A MarumaSat VI desenvolveu a Misión AsubIA con obxectivos diversos entre eles algúns centrados no son e a Intelixencia Artificial.

O lanzamento foi un tanto accidentado xa que nun primeiro intento un erro no último paso do proceso de atado fixo que o globo se soltase levando o paracaidas con el pero deixando a cápsula en Terra. Afortunadamente este ano tiñamos reposto de todo y puidemos facer un segundo intento que si resultou existoso. 

A predición da traxectoria apuntaba cara os Ancares como lugar de aterraxe, pero finalmente o cambio de globo por outro con especificacións técnicas lixeiramente diferentes fixo que a cápsula os atravesase acabando por aterrar xa en Castela. A altura máxima acadada nesta ocasión foi de 32 km, non batimos ese récord pero si o de alcance máximo.

Coa cápsula xa recuperada nesa mesma tarde por alumnado de varios dos centros participantes e coa inestimable axuda dos radioafeccionados que nos acompañan en todos os lanzamantos, toca agora proceder á análise de datos, cotexo de mostras, etc para acabar de desenvolver os experimentos e investigacións se presentarán no VI Congreso NOSA en 2025.



story | by Dr. Radut