Skip to Content

Fabricamos xabrón con aceite de cociña reciclado e filtrado

No marco do CPInnova, na liña de sostibilidade, traballamos na reciclaxe de aceite de cociña, procedente das casas dos membros da comunidade educativa e do propio comedor do centro. De xeito conxunto do departamento de Artes Plásticas e o de Física e química traballan neste proxecto interdisciplinar co alumnado de 4º ESO fabricando con este aceite usado, unha vez filtrado, xabrón para uso doméstico.

Despois de estudar os procesos de filtración e disolución e aspectos teóricos da reacción de saponificación. Nestes días o alumnado estivo traballando no procedemento experimental e nas primeiras mostras de xabrón con diferentes cores, aromas e herbas. Os primeiros xabróns poñeranse á venta despois do Nadal.

 



story | by Dr. Radut