Skip to Content

Centro

Día da Paz 30 de xaneiro 2024 - Lipdub ESO

O alumnado de ESO, polo día da paz do 2024, creou para vós este lipdub en colaboración co seu profesorado.

Primeiro premio Innovagal e visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa

Con moita ledicia recibimos hoxe o primeiro premio Innovagal na categoría de secundaria e adultos para o noso centro. A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández visitou a nosa escola para darnos os parabéns persoalmente. O premio é para toda a comunidade educativa que día a día traballa para facer o CPI Plurilingüe O Cruce cada día un centro mellor, esforzo compartido con outros moitos centros educativos de Galicia premiados nesta convocatoria e noutras, pasadas e futuras. 

Seguimos! Moitas grazas e parabéns a todas e todos!

Clube de lectura 6º

Neste primeiro trimestre decidimos ler un libro de fantasía, escrito polo famoso Roald Dahl. O libro, chamado ''Las brujas'' trata sobre un neno e a súa avoa, que tratan de descubrir e frenar os plans das bruxas de toda Inglaterra. Unha das cousas que mais nos chamou a atención deste libro, foi o feito de que en ningún momento coñecemos o nome do protagonista ou da súa avoa. Na charla sobre o libro, tamén falamos da súa adaptación a película, xa que algún neno se animou a vela pola súa conta. En xeral, foi un libro que nos gustou, agradable de ler e divertido.

Tras falar un pouco sobre a historia, fixemos un kahoot, donde os nenos tiñan que responder preguntas sobre o libro. A competición estivo moi reñida, pois todos/as tiñan bo recordo da historia. Marchamos a casa con boa sensación e algún que outro regalo.

Clube de lectura 5º

Este trimestre, dende o club de lectura, decidimos ler unha obra de ciencia ficción. O libro, titulado ''La nave fantástica'' do autor Jordi Sierra i Fabra, fíxonos temer que no núcleo da nosa terra houbese uns aliens que controlan o destino da Terra. Os nenos/as tiveron boas e malas impresións deste libro. Entre as boas, destacamos que foi moi entretido de ler, que a historia e orixinal ou que ten moita acción. Polo outro lado, moitos participantes lamentaron a ausencia de mais personaxes, e tamén de personaxes femeninas.

Tras facer unha pequena conversa, fixemos unha pequena competición en forma de Kahoot. Os nenos/as puxeron a proba os seus coñecementos sobre o libro neste xogo en formato quiz. Pasámolo moi ben, e a moitos serviulles para darse conta de pequenos detalles do libro que pasaran por alto. Os tres primeiros puideron elexir os regalos que levaban antes que os demais. Esperamos que disfrutárades moito do clube de lectura.

Clube de lectura 4º

Durante este trimestre, as nosas alumnas do clube de lectura de 4º de E.P. estiveron lendo o libro ''O misterio dos fillos de Lúa'', da nosa autora patria, Fina Casalderrey. Cando fixemos a reunión todas estivemos dacordo en que o libro fora moi entretido de ler, e moi divertido, pese a que non contaba moito. A historia, narrada dende o punto de vista dun neno, que quere descubrir quen rapta aos fillos da súa gata Lúa, e moi cotiá, contándonos o día a día na aldea dun neno, a súa familia e a súa amiga Blanca.

Como non podía ser doutra forma, decidimos que queriamos decorar uns gatiños, como os fillos de Lúa, así que imprimimos uns cantos na impresora 3D e pintámolos con pintura acrílica. Este foi o resultado, e cada unha puido levar o seu gatiño a casa.

Club lectura 4º

Fabricamos xabrón con aceite de cociña reciclado e filtrado

No marco do CPInnova, na liña de sostibilidade, traballamos na reciclaxe de aceite de cociña, procedente das casas dos membros da comunidade educativa e do propio comedor do centro. De xeito conxunto do departamento de Artes Plásticas e o de Física e química traballan neste proxecto interdisciplinar co alumnado de 4º ESO fabricando con este aceite usado, unha vez filtrado, xabrón para uso doméstico.

Así conmemoramos no centro o 25 N: Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, leváronse a cabo no centro diversas actividades orientadas a contribuir á prevención e eliminación deste problema social tan grave.

O alumnado de 4º ESO pintou un mural no patio no que os ladrillos en negro representan as mulleres asasinadas, vítimas de violencia machista, entre o 25 de novembro do ano pasado e o 25 de novembro deste ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut