Skip to Content

Centro

"Ata pronto, adeus" a nosa película de Cinema en Curso

O pasado martes 21 de xuño o alumnado de 2º ESO B e as súas familias, xunto co resto da comunidade educativa, asistiron á estrea da película Ata pronto, adeus, realizada por elas e eles ao longo do curso co acompañamento do cineasta Xacio Baño, dentro do programa Cinema en Curso, programa internacional no que participan escolas de todo o mundo. O alumnado descubriu todo o traballo que implica o proceso de creación, escritura e filmación, pero tamén a emoción das experiencias familiares compartidas e a tristura de ter que descartar tantas gravacións importantes que non tiveron cabida por a limitación do tempo da película. Toda unha experiencia chea de agradecementos a todos os que colaboraron nela.

Nos seguintes enlaces pódense ver o proceso de creación da nosa película, así como o making of de todas as películas realizadas no programa, e as propias películas

https://www.cinemaencurs.org/ca/node/7789

https://bit.ly/3Nsxfb4

'Ata pronto, adeus', CPI O Cruce (Cerceda), Cinema en curso 2021-2022 from Cinema en curs on Vimeo.

PERCORRENDO GALICIA. Equipo de dinamización da lingua galega EDLG

Resultados das enquisas sobre o uso do galego no centro

No marco do proxecto de fomento do uso do galego (PFUG) e co obxectivo de analizar a situación sociolingüística do centro, o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) elaborou unhas enquisas que contaron coa participación de alumnado, familias e profesorado da comunidade educativa e das cales achegamos os resultados no ficheiro adxunto.

Vídeo Samaín 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut