Skip to Content

INFORMACIÓN DE INTERESE

NOVAS

 

 ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

COMEDOR

 

SECRETARÍA VIRTUAL

AXUDAS


 CALENDARIO ESCOLAR

 

 

 

Matrícula Infantil, Primaria e ESO curso 2024/25

Ábrese o prazo de matrícula para o alumnado de E. Infantil e E. Primaria de nova incorporación ao centro. O prazo permanecerá aberto entre os días 20 de xuño e o 1 de xullo.

O horario de atención ao público na secretaría do centro será:

  • De 9:45 h a 15:00 h os días 20 e 21 de xuño.
  • De 9:00 h a 14:00 h na semana do 25, 26, 27, 28 de xuño e 1 de xullo.

A documentación que teñen que presentar é:

  • Anexo de formalización de matrícula.
  • Autorizacións de recollida.
  • Consentimento do tratamento de imaxes.
  • Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais.
  • Cuestionario lingua materna (so para 4º de E. Infantil).
  • De ser o caso, sentencia de separación ou divorcio (no caso de non telo entregado no período de solicitude de admisión).
  • Para o alumnado xa escolarizado noutro centro: certificado de matrícula do centro de procedencia.

No caso da ESO o prazo de matrícula estará aberto entre os días 26 de xuño e 8 de xullo. Poderán presentar a documentación en secretaría en horario de 9.30 h a 13:30 h. No caso do alumnado de secundaria será necesario presentar:

  • Anexo de formalización de matrícula.
  • Autorizacións de recollida.
  • Consentimento do tratamento de imaxes.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Solicitude servizo de comedor curso 2024/25

Publicada a Instrución 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de Xestión directa no curso escolar 2024-25, ábrese o prazo para que as familias que desexen solicitar servizo de comedor para o vindeiro curso presenten presencialmente ou por vía telemática (ao correo electrónico do centro) cuberto o impreso que se achega.

As persoas que non teñan posibilidade de imprimir na casa poden pasar a recoller os impresos en papel que estarán á súa disposición no vestíbulo do centro.

Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2024/2025

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2024/2025 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 1 de setembro de 2024

A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou posteriormente por secretaría virtual ou correo electrónico.

Celebramos a I edición da feira internacional de turismo "Mini FITUR Cerceda"

O mércores 19 de xuño celebramos no patio cuberto a I Edición de Mini FITUR Cerceda, unha pequena feira internacional de turismo na que o alumnado de ESO amosou a compañeiras e compañeiros de primaria e infantil aspectos representativos de moitos países do mundo: historia, cidades, edificios emblemáticos, gastronomía, bandeiras, mapas, lugares de interés turístico, linguas, tradicións... 

DÍA DAS CRÊPES

Como xa ven sendo tradición, O departamento de Francés celebrou un ano máis o Día das Crêpes. O alumnado participante de 2º, 3º e 4º da ESO demostrou as súas habilidades na cociña. Uns auténticos chefs! 

DELF A2 - ALIANZA FRANCESA

O pasado mes de abril 11 alumnos/as de 4º da ESO presentáronse ao Delf A2 da Alianza Francesa… e por fin acabamos de recibir os resultados.

Todos/as aprobaron… e con excelentes notas!  FÉLICITATIONS !!! 

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as catro competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

Distribuir contido


by Dr. Radut