Skip to Content

Así conmemoramos no centro o 25 N: Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, leváronse a cabo no centro diversas actividades orientadas a contribuir á prevención e eliminación deste problema social tan grave.

O alumnado de 4º ESO pintou un mural no patio no que os ladrillos en negro representan as mulleres asasinadas, vítimas de violencia machista, entre o 25 de novembro do ano pasado e o 25 de novembro deste ano.

O alumnado de ESO participou tamén en concursos de relatos e lemas, de denuncia e concienciación da violencia de xénero, organizados polo profesorado do departamento de Lingua galega o EDL e o equipo de Biblioteca.

Tamén o alumnado de Educación Primaria, coa coordinación do equipo de actividades complementarias e extraescolares realizou actividades en contra da violencia, nomeadamente un mural co lema: "Somos a peza clave contra a violencia de xénero" que presidirá durante varios días a entrada do centro.



story | by Dr. Radut