Skip to Content

Polos Creativos

Presentación proxectos Club de Ciencia e Polos Creativos

IES A BASELLA - NOVEMBRO 2023 de Raquel Veira Díaz

Participación do CPI Plurilingüe O Cruce na EU Code Week

O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou no mes de novembro na EU Code Week cunha actividade que consistiu en deseñar e construir taboleiros Bee-Bot para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria. 

Participamos na Open Science 2023 en Cambre

Comezamos o curso coa participación na Feira científica Open Science 2023 que se celebra anualmente no mes de setembro e na que se dan cita centros educativos, universidades, asociacións e científicas e científicos tanto do panorama nacional coma do internacional. Podedes ver imaxes e videos da feira nas historias destacadas do noso perfil de instagram de Ciencia o Cruce.

Máis información | Open Science Cambre

Celebración do Día da Ciencia na Rúa 2023 co Club de Ciencia e os Polos Creativos

 

O pasado sábado 6 de maio, participamos na 27ª edición do Día da Ciencia na Rúa 2023, organizado polos museos científicos coruñeses en colaboración coa asociación de amigos da Casa das Ciencias, no parque de Santa Margarida.

Foi unha xornada apaixonante na que compartimos con outros centros a experiencia de participar nunha romaría científica con tantos anos de tradición amosando algúns dos proxectos de investigación científica desenvolvidos no centro ao longo do curso no marco dos programas de Plan Proxecta, Club de Ciencia e Polos Creativos.

Máis información | Día da Ciencia na Rúa 2023

Intercambio Bretaña (Francia) 2022/2023

Do 25 de marzo ao 2 de abril, 10 alumnos de 4º de ESO participaron no programa de intercambio con alumnado dun centro educativo da rexión académica de Bretaña en Francia.

O alumnado cercedense asistiu ás clases no "Collège du Kerdurand" en Riantec e aloxouse na casa dunha familia francesa. Tamén aproveitou para visitar os lugares máis destacados da zona.

O obxectivo deste intercambio é potenciar a aprendizaxe da lingua francesa, perfeccionando non só o coñecemento da lingua e a realidade cultural do país, senón desenvolvendo actitudes positivas de convivencia, ademais de ampliar novos horizontes académicos e persoais.

Participamos na XVI Feira Matemática en A Coruña, organizada por Agapema

O pasado sábado 15 de abril de 2023, participamos en Palexo (A Coruña) na XVI Feira Matemática organizada por Agapema. As alumnas de 3º ESO Sara Pereiro Vázquez e Yurena Rodríguez Rey, en representación das súas compañeiras e compañeiros, xunto co seu profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Xacobo de Toro, atenderon o stand do Colexio oficial de Médicos de A Coruña amosando o seu proxecto RCP e convidaron aos asistentes á feira a fabricar os seus torsos con materiais reciclados.

La Chandeleur

Distribuir contido


by Dr. Radut