Skip to Content

Recibimos a visita de profesorado do IES Francisco Aguiar (Observa_acción Fase II)

Observa fase II

Este martes 30 de xaneiro recibimos a visita de compañeiras e compañeiros do IES Francisco Aguiar e do noso asesor no CFR de A Coruña, no marco da fase II do programa da CCEFPU Observa_acción no que participamos con moita ilusión.

A xornada comezou ás 9:30 cunha visita guiada ao centro e incluiu observacións de aulas de primaria e secundaria e reunións de intercambio entre membros dos equipos directivos e de equipos de dinamización, nomeadamente de biblioteca.

 

Reu observa

Despois da comida chegou o tempo de reflexión e as despedidas. Foi unha xornada intensa e moi enriquecedora o intercambio comezara xa o pasado luns 22 de xaneiro cando nós visitamos o IES Francisco Aguiar en Betanzos, deixámosvos tamén aquí algunhas imaxes desa visita. 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Francisco Aguiar (@iesfcoaguiar)



story | by Dr. Radut