Skip to Content

21 de febreiro. Día internacional da lingua materna

Como xa saberedes este ano o CPI O Cruce é escola embaixadora do Parlamento Europeo. Aproveitando esta circustancia e como o vindeiro día 21 de febreiro é o Día internacional da Lingua Materna o alumnado de 4º ESO promoveu unha iniciativa popular para solicitar que o galego sexa lingua oficial no parlamento europeo.

Así, crearon un change.org para recoller sinaturas (http://chng.it/GKRbkmVFJX) e estano movendo polas redes sociais.

Este proxecto está tendo moitísima aceptación e a súa difusión é espectacular. Os medios de comunicación están facéndose eco da noticia, como o xornal El Español (https://www.elespanol.com/.../alumnos-de-cerceda-a-coruna...) e a Radio Galega, que entrevistou onte en directo a dúas alumnas: Noemí García Lamas e Blanca Varela Seoane (http://www.crtvg.es/.../galicia-por-diante-galicia-por...).

Ademais mañá achegaranse ao centro xornalistas de La Voz de Galicia e da TVG para gravar senllas reportaxes sobre a iniciativa.

O seu change.org conta xa co apoio de máis de 2700 asinantes, entre eles persoeiros destacados do mundo da cultura galega: escritores como Ledicia Costas, Helena Villar Janeiro e Miro Villar; ou actores como Touriñán e David Amor, pero tamén ten repercusión internacional con asinantes da iniciativa de Suíza, Bélxica, Reino Unido, México ou EEUU.
 
Están facendo un excelente traballo e merecen todo o noso apoio e parabéns: o seu compromiso coa lingua é semente de futuro para o galego.

 



story | by Dr. Radut