Skip to Content

Lingua galega

Club de lectura: Memorias dun neno labrego


Queres coñecer as opinións das integrantes do club de lectura? Entra nesta páxina:

http://centros.edu.xunta.es/cpiocruce/clublectura/memorias/memorias.htm

 


Por que escollimos este libro?

Tenme pasado en máis dunha ocasión que ao chegar a un instituto,
compañeiros que sabían que era a nova profesora de galego saudábanme
dicíndome: Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis un ninguén. E
pobre…

Facíano como se me recitasen un poema de Rosalía, ou como se me
cantasen o himno, unha especie de consigna secreta para os que amamos o
galego.
eu son balbino

Claro que recoñecía as palabras, eran  as primeiras palabras
de Memorias dun neno labrego. Claro que entendía que me estaban dicindo que
amaban o galego e a literatura galega.

 Pero tamén me estaban dicindo algo máis…
que aquel primeiro best seller da lietarura galega fora unha especie de
bálsamo co que curaran a vergoña de ser da aldea, de ser pobres… un bálsamo
co que aprenderan que era posible mellorar na vida Acercábanse para dicirme
que aínda hoxe de maiores, profesionais traballadores do ensino seguían
agradecendo que Xosé Neira vilas crease o Balbino.

Cando xa tiñan máis confianza comigo insistíanme a mínima
oportunidade en que llo tiña que dar a ler aos meus alumnos e alumnas. E a
mínima oportunidade estou disposta a cumprir esta obriga.

Agardo os vosos comentarios, moi distintos seguramente aos dos
meus compañeiros, 50 anos despois de terse escrito este libro que fala de
nós, os galegos e galegas, e de toda a humanidade.

Agardo que vos conmova e que quede un pouso de Balbino na vosa
memoria para sempre.

 

Carme Gasamáns

 

 

 

Club de lectura Subela

O proxecto lector do centro ten entre outros os seguintes obxectivos:

A formación de lectores competentes e a creación e consolidación do hábito de lectura.

Integrar as fontes informativas, en calquera soporte, no tratamento de contidos curriculares.

 

Ver traballos Club de lectura

Blog Galego " Moito conto"

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut