Skip to Content

Lingua galega

Depatamento de Galego

Xefa de Departamento: Amelia Rodrigues Esteves

Profesora ; Xosé Lois García Costa

 

Programación

 

 

Neira Vilas

Neira Vilas Vista a Biblioteca de Cerceda, o Auditorio no que tivos un encontro cos alumnos dos dous centros de Cerceda e o CPI O Cruce

Vídeo Neira Vilas

Vídeo de benvida

Presentación das autoridades       

Lembrando memorias

Espantallo amigo

Cabaliño de buxo

Carta "Querido Tomás"

Entrega do Comic

Recitando a Celso Emilio

 

 

 

Ao cumprirse o centenario  do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Lingüística (CGENDL) decidiron renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

 

Coordinadora Galega de Equipos de  Dinamización Lingüística 

 

Vídeos de youtube do evento

 

Os alumnos de 1ºA da ESO do CPI O Cruce súmanse a esta iniciativa, recitando "Deitado fronte ao mar"

 

 

DEITADO FRENTE AO MAR

Celso Emilio FerreiroLingoa proletaria do meu pobo,

 

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

Concurso de relatos do CPI O Cruce

Volvemos celebrar o certame de relatos do CPI O Cruce

Algúns dos relatos gañadores xa están  publicados, que os desfrutedes

 


 

1º ciclo

1º premio: "Tesouros agochados" de María Asunción Alonso

 

3º premio: "Historia dunha illa" de Ángela Pereiro

 

 


Máis diarios de lectura

Este ano o alumnado de 1º e 2º da ESO fixo cadanseu diario de lectura, como explicamos nesta páxina:

 

Diarios de lectura

 

Aquí engadimos algúns máis:

 

Diario de Juan Danilo Montoya

 

Diario de Ana Muíño

Irmán Daniel

Poema de Ramón Cabanillas en homenaxe a Castelao no seu pasamento. 

 

 


DE QUE MORTE MORREU A NOSA PRENDA?



¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda...
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin...
Na noite pecha
entrei pinal adiante, medoñento,
a alma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso,
brilaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio,
profundador de voces milagreiras,
inquireu delorido, en desespero:
¿De que morte morreu a nosa prenda?
Atravesoume o peito
un dor punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade cru, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:
¡Morreu do mal dos bos e xenerosos!
¡Morreu de amor á Terra!




http://www.blogoteca.com/moitoconto

O curioso incidente do can a medianoite

 

Este club de lectura foi realizado polo alumnado de 3º B da ESO logo de ler a obra de Mark Haddon.

 

Le máis sobre as nosas actividades en Moito Conto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut