Skip to Content

Lingua galega

Castelao: vida e obra

Exposición de traballos feitos polo alumnado de 1º e 2º da ESO

 

Poderás velo no seguinte enlace: Castelao polos alumnos do primeiro ciclo

 

Le máis sobre as nosas actividades en Moito Conto

Linguas minoritarias

Club de lectura: A miña planta de laranxa lima

 

CLUB DE LECTURA 1º CICLO ESO. Curso 2011/12

 

Neste curso seguimos coa actividade do Club de lectura no primeiro ciclo de secundaria. Os participantes xa non somos os mesmos do curso anterior;  algún alumnos/as repiten mais outros son novos, acabados de incorporar á secundaria, ao igual que a profesora, que se inicia nesta nova andaina. Comezamos a actividade cun pouco de retraso, mais, como di o refrán, nunca é tarde se a dita é boa.

 

 

Foi a teima da profesora que nos levou a comezar lendo A miña planta de laranxa lima, obra dun brasileiro: Mauro de Vasconcelos. Traducida a varios idiomas, ve a luz por primeira vez no ano 1968… anda que non choveu!

E por que esta obra?

* Para fuxir da clásica novela para adolescentes, das coleccións quizais demasiado trilladas, do de sempre…

* Porque é unha novela diferente, peculiar, talvez rara pero sobre todo  triste, moi triste… Este foi, con diferenza, o adxectivo máis repetido en todas as conversas que mantivemos sobre esta obra.

* É, efectivamente, un relato tristísimo e duro, moi duro; pero, acaso non é o reflexo dunha posible realidade? Non será bo repensar as historias que aquí se contan para nunca caer nesas mesmas actitudes ou comportamentos?

 

Zezé é un neno de 5 anos, un neno que coñece unha realidade cruel e amarga pero tamén a tenrura da vida de man do Portuga.

Zezé é ficción, é literatura… oxalá nunca na realidade atopemos nada semellante.

Mais na literatura Zezé ten continuidade, se queres comprobalo le: Imos quentar o sol, obra na que Mauro de Vasconcelos segue a historia do Zezé  adulto.

 

Aquí podedes ver unha pequena mostra da reunión do club de lectura:

http://www.youtube.com/embed/0Z6K3kxf7Ys

 

Que opinan @s nos@s lector@s?

Xaneiro Castelao

 

Xaneiro foi o mes no que naceu e morreu Castelao, por iso este ano dedicamos parte do primeiro trimestre a realizar actividades relacionadas coa súa figura. 

Queres escoitar a voz real de Castelao? Queres coñecer o seu talento como pintor? Mira este vídeo

Xaneiro Castelao

Hai xente que non lembra cando comezou a falar en galego...

Os alumnos de 3º A e B fixeron unha adaptación do relato "Eu fixen ouigha co espírito de Castelao" do libro Made in Galiza de Sechu Sende

 

Aquí tedes as fotonovelas creadas, que as desfrutedes:

 

 

 

 

 

 

Fotonovela de 3º A


Fotonovela de 3º B


 

Blog de Sechu Sende

 


O alumnado de 3º ESO crea novas Cantigas de amor

Se pinchas aquí, poderás ver as composicións d@s nos@s alumn@s:

 

Cantigas

 

issuu

Club de lectura 2011-2012: O diario vermello de Carlota

 

Seleccionamos este libro porque parece como libro recomendado en todas as guías de sexualidade e prevención da violencia de xénero na adolescencia

A autora do libro recibiu entre outros un premio da Unesco, a Mención de Honra, polo seu traballo literario a prol da igualdade.


Reuniuse o club das lectoras de 4ª ESO para comentar O diario vermello de Carlota. O diario vermello de Carlota é máis ca unha novela. Fala das experiencias sexuais da protagonista e das preocupacións que lle producen. É un libro en forma de diario que escribe para entender mellor o que lle está pasando , o que está sentino. É un libro para que as rapazas se coñezan mellor, para informarse dunha maneira rigorosa sobre anticonceptivos, embarazo,e para que os rapaces saiban entender a sexualidade das mozas.

Nel aparece un personaxe moi coñecido de libros de literatura xuvenil,Flanagan o detective creado por Andreu Martin e Jaume Ribera.

 

Por unanimidade: gustoulles o libro e parécelles un bo regalo para as amigas. Moitas viran a película, e por iso estaban interesadas en ler o libro. Ao final gustoulles máis o libro que a película. Tivemos un lector de O diario vermello de Flanagan. Tamén opinou que é un libro de lectura obrigada para os rapaces. Gustoulle moito.

Seguían interesadas en saber se ao final Carlota se decidía por Flanagan ou polo rapaz do que se sentía namorada. A autora decidiría facer así o final por algún motivo? Coincidiron en que si. A mensaxe é que se pode sentir atracción por máis dunha persoa, e é unha cuestión de tomar unha decisión.

 

Tamén lles gustou moito do libro como se presentaba o tema da homosexualidade, porque Carlota lle axuda a un amigo, que ten moito éxito entre as rapazas e que oculta no instituto que é homosexual.

 

Os adultos que aparecen no libro son moi diferentes ao que están afeitos, porque falan do tema da sexualidade abertamente, sen ser un tabú.

Consideran que é un libro diferente, xa fai unha análise de  cando van empezar a ter relacións sexuais, sen coito ou con coito. En poucos libros se narra os sentimentos que producen estas primeiras relacións. Ademais dá unha información rigorosa a sexualidade.

En resumo: Un éxito.

Sería interesante facer unha lectura conxunta dos dous libros O diario vermello de Carlota e O diario vermello de Flanagan, porque a mesma experiencia é relatada desde o punto de vista de cada un en cadanseu libro. É unha idea que nos queda para outro club de lectura

 

Este enlace axudarache a saber máis da autora

http://www.gemmalienas.com/?lang=es

 

A continuación, veredes o enlace do vídeo resumo do club de lectura

 http://centros.edu.xunta.es/cpiocruce/clubdelecturaweb/

 


Distribuir contido


by Dr. Radut