Este curso o profesorado que chegou por primeira vez á escola estaba moi tranquilo pensando que se ian librar da nosa tradicional entrevista na radio escolar. Non sabían que iso o podiamos facer en calquera momento do curso. O certo é que debería ter sido en setembro pero tivemos que pospoñelo por unha boa razón.
Chegou o momento de que saibamos un pouco máis donos novo profesorado, escoitade con atención este programa de entrevistas con preguntas un tanto atípicas...
Esta vez, o alumnado de 5º nivel quixo homenaxear a ANISIA MIRANDA, a súa madriña de aula, investigando sobre a súa vida. Así, descubriron que era a muller de Xosé Neira Vilas, que non era galega, pero que cando aprendeu a falar á nosa lingua xa non falaba outra e que traducía textos ao galego de escritores americanos, entre outras cousas... Escoitade!
UNHA VEZ MÁIS O NOSO ALUMNADO DEMOSTROU A SÚA PROFESIONALIDADE E A SÚA CAPACIDADE DE DESENVOLVER ACTIVIDADES NAS QUE ELAS/ES SON OS PROTAGONISTAS.
DENDE OS INICIOS DA CREACIÓN DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA ,PONTE NAS ONDAS, O CEP CARLOS CASARES VÉN COLABORAN NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.
ESTE ANO PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA RADIO O ALUMNADO DO 3º CICLO, DO OBRADOIRO DE RADIO, ELABORARON POR COMPLETO O GUIÓN RADIOFÓNICO DO PROGRAMA QUE SE EMITÍU EN DIRECTO DENDE A EMISORA DE RADIO MUNICIPAL DE TUI.
O TEMA PROPOSTO ESTE ANO POLA UNESCO FOI O DIÁLOGO, A TOLERANCIA E A PAZ.
A NOSA VALORACIÓN DO PROGRAMA É DE SOBRESAÍNTE, VÓS QUE OPINADES?
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEP CARLOS CASARES QUEREMOS FELICITAR POLO SEU MAGNÍFICO TRABALLO A GEMA, HUGO,NICOLÁS, ÍKER, JORGE, ADRIÁN, BRAIS, CELIA, MAITE E LÚA. TAMÉN QUEREMOS RECOÑECER PUBLICAMENTE O GRAN TRABALLO DAS MESTRAS BELÉN E LUZ QUE SON AS ENCARGADAS A NOSA EMISORA ESOLAR, RADIO SALTAMONTES.
PARABÉNS PARA TOD@S!!! ESTAMOS MOI ORGULLOS@∫ DE VÓS!!!!!
Aquí vos deixamos o programa emitido polos nos@s alumn@s ese día dende Radio Municipal Tui.
Estaban supernerviosos pero fixérono xenial, quen sabe, igual temos entre nós a un/has futur@s estrelas da radio. Tamén vos deixamos unha pequena presentación con fotos daquel día. Dos nervios entroulles unha fame voraz e houbo que parar a tomar un pequeno almorzo, tíñano máis que merecido!!
Xa temos aquí un novo programa, esta vez é o alumnado de 6º coa súa edición de Na Onda de 6º o que nos falará do Síndrome de Down, nos dará unhas leccións de poesía e nos contará que tal lles está indo no seu último ano na escola. Non deixedes de escoitalo!!
Durante todo o primeiro trimestre, o alumnado do terceiro ciclo decidiu converterse en pequen@s artistas e fixeron a súa propia versión de debuxos de Castelao e pinturas de Luis Seoane. Como o tema da exposición é o folclore, escolleron debuxos sobre traballos tradicionais da obra destes dous artistas galegos para dar a súa visión dos mesmos. Quedaron máis que ben!! Menudos artistas temos na escola!!
HOXE O ALUMNADO DO 3º CICLO, TIVO A OCASIÓN DE ASISTIR A UNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
ESTA ACTIVIDADE FOI OFRECIDA POLO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO.
A CHARLA FOI IMPARTIDA POR PAULA SÁNCHEZ, DA EMPRESA EDESGA. DENDE O CENTRO QUEREMOS DARLLE AS GRAZAS POLO SEU BO FACER. TANTO O ALUMNADO COMO AS MESTRAS QUE ASISTIRON COINCIDEN EN FACER UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DA ACTIVIDADE. ADEMAIS DE APRENDER MOITAS COUSAS, SENTÍRONSE MOI CÓMOD@S, TIVERON A OCASIÓN DE PARTICIPAR, DE FACER PREGUNTAS, FACER APORTACIÓNS,...
A CONTINUACION IMOS DEIXAR UN ENLACE Á WEB DE EDESGA PARA QUE POIDADES COÑECER TODAS AS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN NO EIDO DOS SERVIZOS SOCIAIS.
GRAZAS MIL POLA VOSA COLABORACIÓN, PAULA E ANDREA.
É UN PRACER E UN ORGULLO, PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEP CARLOS CASARES, COMPROBAR COMO AS PERSOAS QUE VEÑEN A FACER ACTIVIDADES AO CENTRO, MARCHAN ENCANTADAS E ADMIRADAS COA ATENCIÓN, CO RESPECTO E COA BOA EDUCACIÓN DO NOSO ALUMNADO.
Para ver as actividades que nos enviou Mateo, o monitor que impartíu o obradoioro de Ciencia Musical, o pasado mércores 11 de xaneiro, premede AQUI, ou no ficheiro adxunto.