Skip to Content

Programación

O NOSO PROGRAMA MÁIS INTERNACIONAL

O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.

Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas. 

 

Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!

Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!

 

 

Ata outra e... BOA  ESCOITA!
 
 
 

OS NOSOS PRODUTOS MÁIS QUERIDOS

O venres 18 de outubro chegamos cun novo programa de Radio Saltamontes da man dos nenos e nenas de 4º curso.

Como non podería ser doutro xeito, trátase dun programa moi sabedeiro, con grandes protagonistas como os nosos produtos máis preciados: pan, pementos, tortilla, percebes, longueirón… Para todos os gustos e cores!

Así que por precaución, recomendamos facer a escoita co bandullo ben cheo e…. Bo proveito!

Abstéñanse lambisqueiros!

A NOSA GASTRONOMÍA

 

O pasado 4 de outubro os nosos compañeiros de 6º curso coceron a lume lento un programa moi saboroso sobre a gastronomía do noso condado, sen esquecer un dos ingredientes que máis lle gusta a grandes e cativos: as festas gastronómicas!

 

Non perdades detalle para estar ao tanto de todas aquelas verbenas que transcorren ao longo do ano na nosa contorna e...

 

B proveito!

 

 

INAUGURACIÓN DE RADIO SALTAMONTES

 

O pasado 27 de setembro Radio Saltamontes inaugurou o inicio de curso cun programa moi especial para dar a benvida ao profesorado e aos novos compañeiros e compañeiras que comezan este curso 2019/2020 no noso centro.

 

E que mellor momento para entrevistar as nosas mestras e coñecelas un pouco mellor!

  

 

 
 
 

DESPEDIDA DE 6º

Programa de radio de despedida do alumnado de 6º nivel. Nel, os nenos e nenas quixero facer un pequeno repaso pola súa andaina nesta escola. Cantos recordos levan... e deixan...

Que vos vaia moi ben e volvede cando queirades!!! As portas do CEP Carlos Casares estarán sempre abertas para vós.

 

SERES MITOLÓXICOS DE GALICIA

O alumnado de 5º nivel, para o seu derradeiro programa de radio por este curso, investigou sobre un tema moi interesante da nosa cultura galega: os seres mitolóxicos, sabedes o que é un tardo? E un nubeiro? Pois escoitade e descubrirédelo...

 

AS PLANTAS

Os nosos compañeiros e compañeiras de 1º nivel están de volta cun novo programa de radio, o último para eles neste curso 18-19.

Esta vez, decidiron que ían falar sobre as plantas e descubriron cousas moi interesantes sobre plantas coma o baobab, a árbore de Tule, os nenúfares... ah! que non sabedes de que plantas estou a falar? Pois escoitade o seu programa...

 

LUIS SEOANE

Aquí está o derradeiro programa por este curso do alumnado de 5º nivel. Desta vez quixo afondar un pouco máis na vida do autor, pintor e xornalista galego Luis Seoane que foi homenaxeado co Día das Artes de Galicia, celebrado o pasado 1 de abril. Escoitádeos.

 

ESPECIAL DIA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes, esta ano o Día das Letras Galegas foi adicado ao autor Antonio Fraguas. Pero o alumnado de 4º nivel fixo un pequeno percorrido polas orixes da celebración deste día e polos autores que foron homenaxeados dende o ano 2014, ano no que estes nenos/as comezaron nesta escola.

MARUXIÑA

Vos coñecedes a Maruxiña? Maruxiña é amiga dos nenos do primeiro ciclo, cada semana vai a casa dun neno ou dunha nena e vive incontables aventuras, ata agora estivo por todas as parroquias de Salvaterra, Pesqueiras, Grixó, Alxén... E houbo unha fin de semana que marchou moi moi lonxe, queredes saber a onde e con quen? Pois escoitade este programa de radio.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut