Skip to Content

Programación

CHEGOU O ENTROIDO

Por fin chegou a data tan esperada por algún/ha e tan aborrecida por outros/as,pois o entroido ou gusta moito ou se aborrece. No Cep Carlos Casares é esperada con emoción, días de troula, baile, chocolate... en fin, diversión a mogollón!!!!

Tamén houbo tempo para que o alumnado de 5º nivel investigara sobre tradicións, máscaras e maneiras que teñen de celebrar o entroido en diferentes partes do mundo. Premede na imaxe para escoitalo.

BEGOÑA VILA

O alumnado de 2º non podía ser menos e tamén quixo investigar sobre unha científica que ademáis é galega: Begoña Vila. Premede na imaxe se queredes saber quen é esta muller.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz. O alumnado de Relixión de 4º nivel quixo celebralo con este programa de radio especial. Escoitade!!

6º NA ONDA... II EDICIÓN

Xa estamos de volta coa segunda edición do programa radiofónico de 6º na onda! Esta vez, o alumnado de 6º nivel trata temas de candente actualidade: dereitos da muller, inventos importantes para a humanidade, deportes de risco, cousas que facer cando estás aburrido...

Escoitade atentamente, veredes que ben pasades o tempo con eles!!

ISABEL BARRETO

Escoitade aos alumnos e alumnas de 4º nivel, que, na clase de Educación Física, entre saltos e carreiras, tiveron tempo de investigar sobre unha muller científica; Isabel Barreto. Premede na imaxe para escoitalo.

 

ESPECIAL NADAL

Por fin chegaron as tan ansiadas vacacións de Nadal, e para celebrar a nosa alegría, fixemos este entretido programa de radio, escoitade!

POESÍAS DE OUTONO

Programa onde o alumnado de 1º nivel nos recitan unhas poesía moi bonitiñas sobre o sol e o outono. Escoitádeas, veredes que chulas. Premede na imaxe.

OS TEATREIROS DE 5º

Programa de radio onde o alumnado de 5º nivel nos mostra o seu lado máis teatreiro con este guión inventado por eles. O certo é que lles quedou ben bonito e entretido. Escoitadeo premendo na imaxe.

AS MÚSICAS DO MUNDO

Programa de radio realizado polo alumnado de 4º nivel onde nos fala da música típica de diferentes países do mundo: Chile, Croacia, Xapón e Irlanda.

NOTICIAS DE 3º NIVEL

Programa onde o alumnado de 3º nivel fala de diversos temas de total actualidade como os incendios que asolaron a zona no mes de outubro, ciencia, poesía e ata un concurso!! Quen gañaría?? Premede na imaxe e estade moi atentos!

Distribuir contido


by Dr. Radut