Skip to Content

Taboleiro

Circular inicio de curso 2022/23

A través desta circular informativa dámosvos a benvida a este curso 2022/23.

Campamentos urbanos centros cívicos municipais

 

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Servizo Municipal de Acción Social, organiza un ano máis os Campamentos Urbanos nos Centros Cívicos. Realizaredes actividades lúdicas, xogos cooperativos, producións plásticas, etc…cunha metodoloxía dinámica e participativa. E en todas as xornadas dedicaredes una sesión a practicar o voso inglés.

Esperámosvos un ano máis!

Tedes toda a información no seguinte enlace e no documento adxunto.

coruna.gal/campamentos2022

Dinamización dos patios

Coa instalación dun rocódromo e a realización dun mural por parte de Concepto Circo, rematamos as intervencións nos patios comezadas o pasado curso, dentro dun plan de formación permanente do profesorado.

Rocódromo



Circular 1/2022 Avaliación

Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

 

Recollida de medicamentos para Ucraína

A ONG Families4peace está realizando unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA de ANTIPIRÉTICOS, ANALXÉSICOS, ANTIBIÓTICOS e kits de emerxencia (BETADINE, GASAS, ANTISÉPTICOS) para levar a Palanca, unha cidade fronteira con Ucraína.
 
PRECISAN LEVAR MEDICACIÓN AOS POSTOS DE ATENCIÓN E HOSPITAIS DE ODESSA.
 
No noso colexio imos dispoñer, ata o mércores 16 de marzo, dunha caixa de recollida na conserxería do centro para aquelas familias que estean interesadas en colaborar.

Alumnado de 6ºEP: reserva de praza para 1º ESO

Estimadas familias:

Informamos de que con data 11 de xaneiro de 2022 se inicia o Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 22/23.

É por iso que lles comunicamos que dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos inclusive, poderán facer a reserva de praza para 1º da ESO no IES Sardiñeira, centro adscrito ao noso, presentando a solicitude do seguinte xeito:

- A través da Sede Electrónica da xunta (modo preferente de presentación).

- Presencialmente no noso centro.

O horario de atención ao público de administración é de 9:15 a 10:00 h e de 13:00 a 13:45 h, fóra deste horario deben pedir cita no 881960302.

Máis información en edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

A dirección.

Chegou o Nadal!

O persoal do centro quere desexarvos unhas boas festas!

Campamentos urbanos de Nadal nos centros cívicos municipais

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña organiza os campamentos urbanos de Nadal 2021 para nenas e nenos. Este ano, as actividades de os campamentos centraranse nos personaxes máis emblemáticos desta época. Desde trasgos ata o Grinch, descubriremos contos do Nadal cheos de mensaxes sobre igualdade, consumo responsable e emocións.

Ofrécense 525 prazas, repartidas en 35 grupos. As prazas para menores con diversidade funcional son 15. O número de prazas estará supeditado sempre ás restricións ás que puidesen obrigar as autoridades sanitarias.

CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL:

Lugar de celebración dos campamentos: Centros cívicos da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña.

DÍAS: 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4, 5, 7 de xaneiro.

PERSOAS DESTINATARIAS: menores que nacesen entre o 01/01/2009 e o 31/12/ 2017.

HORARIO:

Xeral: de luns a venres de 10:00 a 14:00h.

Ampliado: de luns a venres de 9:00 a 14:30h.

PREZO POR PARTICIPANTE:

Horario xeral: 26 €.

Horario ampliado: 32 €.

CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR: Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Novoboandanza, A Silva, Santa Margarita, Feáns, Sacra Familia, Santa Lucía, Pescadores, San Pedro de Visma e Artesáns.

PREINSCRICIÓN: 29,30 de novembro e 1 de decembro nesta mesma web (o formulario atópase ao final desta noticia no espazo correspondente a TAMÉN PÓDECHE INTERESAR) ou chamando ao teléfono gratuíto 010 SORTEO: 2 de decembro ás 10:30h en cada centro cívico.

Colaboración co Concello da Coruña. Proxecto participación infancia e adolescencia.

PROXECTO PARTICIPACIÓN INFANCIA E ADOLESCENCIA POR UNHA CIDADANÍA ACTIVA 

O Concello da Coruña está a colaborar, xunto con outros municipios de España, UNICEF, a Asociación Internacional de Cidades Educadoras e os equipos de investigación da UNED e as Universidade de Barcelona, Sevilla e A Coruña, no proxecto participación infancia e adolescencia por unha cidadanía activa.

A investigación ten o propósito de avanzar no exercicio da participación da infancia na súa cidade e na súa inclusión como cidadanía activa, así como fortalecer as formas e as prácticas de participación do colectivo infancia e adolescencia nos municipios.

Neste momento estase a iniciar un proceso investigador para coñecer a realidade coruñesa neste ámbito mediante a realización dun cuestionario en liña destinado a rapaces e rapazas de 10 a 14 anos de idade. 

Este é o enlace para participar:

https://www.ub.edu/infanciayparticipacion/?page_id=6415

Circular inicio de curso 2021/22

A través da seguinte circular queremos darvos a benvida ao curso 2021/22 e informarvos de distintos aspectos.

Circular inicio de curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut