Skip to Content

Taboleiro

Xornadas de portas abertas IES A Sardiñeira

Xornadas de portas abertas IES A Sardiñeira

Xornadas de portas abertas

Desde o CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez propoñemos os luns 6 e 13 de febreiro, de 16:15 a 18:00 horas, como xornadas de portas abertas para as familias.

A dirección.

Alumnado de 6º EP: reserva de praza para 1º ESO

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Normativa de aplicación:

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I (modelo solicitude).

Convocatoria municipal actividades socioculturais nos centros cívicos

Convocatoria municipal actividades centros cívicos

Realizarase preferentemente on line  mediante o Formulario de preinscrición en actividades (coruna.gal) on line   e en caso de non ter acceso a Internet ou non saber desenvolverse,  chamando ao siguinte número de teléfono: 881 150 637Este non é un teléfono de atención. Só serve para anotarse nas actividades.

Actividades CCM San Diego

Actividades CCM Monelos

Campamentos urbanos de Nadal

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL 2022 NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS dirixidos a menores nados entre o 1/1/2010 al 31/12/2018

PARA PODER PARTICIPAR: Facer a preinscrición o 1, 2 ou 3 de decembro de 2022 ben on line na web municipal www.coruna.gal/serviciossociais ou no teléfono 613 37 19 73 (horario de atención telefónica de 9.00 a 20.00 h).

Actividades nos centros cívicos municipais de Mesoiro e Monelos

Infórmase das seguintes actividades a desenvolver nos centros cívicos municipais de Mesoiro e Monelos:

Cambios corporais nas mozas e mozos.

Visita Pazo Municipal.

O maltrato e a violencia entre os/as mozos/as na época de internet.

 

Candidaturas de nais e pais para o Consello Escolar

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección de representantes de nais, pais e/ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do centro, segundo  convocatoria do día dous do mes en curso, a Xunta Electoral deste colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica por orde alfabética de apelidos neste documento.

 

Eleccións dos representantes de pais, nais e titores legais ao Consello Escolar

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Consellería de Cultura, Educación, formación Profesional e Universidades, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 30 de setembro de 2022), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 12'00 horas do día 14 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 11 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 14 de novembro, ás 12'00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. A véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 17:00 a 20:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16'45 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 1 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal do alumnado.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

A Coruña, 2 de novembro de 2022

O/A PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.: Alfonso Muñiz Plaza.

Eleccións ao Consello Escolar. Constitución da Xunta Electoral

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto.

Tedes toda a información neste documento.

Orzamentos participativos: humanización zona verde

Proposta da ANPA San Cristóbal para humanizar a zona verde do noso centro.

Podedes apoiar a proposta no seguinte enlace:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/3882

Distribuir contido


by Dr. Radut