Skip to Content

Taboleiro

PREMIADOS!

Algúns dos nosos alumnos participaron durante este curso nas "Escolas 110% branquiazuis" de La Opinión de A Coruña e, como no Wenceslao temos uns grandes artístas, Joel e Ana foron elexidos polos seus traballos de debuxo e redacción: 

 

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA PARA 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Co permiso de cambio de datas, concedido por Inspección educativa, para a realización da Avaliación final de Educación Primaria, comunícovos que estas probas se realizarán os días 28 e 30 de maio (recordade que o 29 de maio os alumnos/as de 6º teñen programada a saída en bicicleta).

Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística, matemática, ciencia e tecnoloxía e inglés Son probas de carácter estrictamente informativo e orientador. É dicir, que os seus resultados non computarán en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin terán efecto nos seus expedientes. As probas realizaranse ao longo da mañá co seguinte horario:

DIA HORA PROBA
28/05/2019 9:15-10:15 Competencia lingüística (Castelán). Caderno 1
10:15-10:30  Descanso
10:30-11:00 Competencia lingüística (Castelán). Caderno 2
11:00-11:15 Descanso
11:15-12:15  Matemática
12:15-12:30 Descanso
12:30-13:30 Ciencia e tecnoloxía
30/05/2019 9:15-10:15 Competencia lingüística (Galego). Caderno 1
10:15-10:30 Descanso
10:30-11:00 Competencia lingüística (Galego). Caderno 2
11:00-11:15 Descanso
11:15-12:15 Competencia lingüística (Inglés). Caderno 1 
 12:15-12:30 Descanso
12:30-13:30 Competencia lingüística (Inglés). Caderno 2

Para máis información consultar O DOG 3 de maio de 2019 no que se recolle a RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019 onde figuran as instruccións para o desenvolvemento da avaliación final de primaria..

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA PARA 3º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Os días 28 e 29 de maio realizarase a avaliación individualizada en 3º de E. Primaria na que se avaliarán as competencias en comunicación lingüística e matemática.

Son probas de carácter estrictamente informativo e orientador. É dicir, que os seus resultados non computarán en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin terán efecto nos seus expedientes.

As probas realizaranse ao longo da mañá co seguinte horario:

DIA HORA PROBA
28/05/2019  10.30-11.30 Competencia lingüística. Caderno 1
 11:30-12:00 Descanso
 12:00-12:50 Competencia matemática. Caderno 1
29/05/2019  10:30-11:30  Competencia lingüística. Caderno 2
11:30-12:00 Descanso
     12:00-12:50 Competencia matemática. Caderno 2

 

Para máis información consultar O DOG 3 de maio de 2019 no que se recolle a RESOLUCIÓN 12 de abril de 2019 onde figuran as instruccións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º de primaria..

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias;

Comunicámoslles que o luns, 20 de maio de 2019 non haberá clases por decisión do Consello Escolar do centro, atribiución que lle dá a Xunta de Galicia a todos os centros que teñan un dous días de festas locais coincidentes con días non lectivos.

Moitas grazas

ACTO DE DESPEDIDA

Onte parte da comunidade educativa do noso colexio: mestres, alumnado, persoal... participamos con moita pena nun acto de despedida ao noso compañeiro e alumno. 

O seu titor, Eloy, dixo unhas fermosas palabras, as que seguiron un minuto de silencio e outro dun sentido aplauso e os seus compañeiros de primeiro prantaron unha árbore na entrada do colexio no seu recordo. 

Resultou un acto moi sinxelo, agarimoso e respectuoso. 

Ata sempre pequeno, seguirás connosco, seguiremos coidándote e vendote medrar. 

Así mesmo, toda a Comunidade Educativa do Ceip Wenceslao Fernández Flórez queremos transmitir as nosas condolencias e apoio a súa familia e amigos nestos difíciles momentos. 

BOLSAS COMEDOR ESCOLAR PARA O PRÓXIMO CURSO 2019/20

Estimadas familias:

O día 17 de abril de 2019, publicouse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio de 2019, ambos os días incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

No CCM dos Mallos desenvolveranse dúas charlas para resolver dúbidas de documentación, etc.

Estas charlas informativas serán os días:

VENRES 26  DE ABRIL ÁS 10.30 HORAS

MARTES 30 DE ABRIL ÁS 12.30 HORAS.

 

 

 

AVISO: LUNS 18 DE MARZO. DÍA LECTIVO

Estimadas familias,

Recordámoslles que tal e como figura no calendario escolar, o martes 19 de marzo é festivo pero o luns 18 de marzo consta como día lectivo, polo que ese luns haberá clases.

Moitas grazas!

 

RESERVA DE PRAZA NO I.E.S. SARDIÑEIRA

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS E/OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE ED. PRIMARIA DESTE CENTRO.

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12  de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Sardiñeira.

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2019-20 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 1 e 15 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao titor/a.

           Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

5. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

BO NADAL E FELIZ 2019

Dende o CEIP Wenceslao queremos dar as grazas a todas as familias que colaboraron con nós para ter o cole tan bonito como lucíu estes días.

Co traballo dos rapaces e rapazas e os seus profes podemos ofrecervos este pequeno paseo polo noso Nadal!!

 

felicitación Nadal 18

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

Adxuntamos a circular informativa do 19 de Novembro do 2018, na que se presentan a relación de candidaturas ao Consello Escolar para a elección de pais/nais ou representantes legais do alumnado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut