Skip to Content

Educación infantil

PROMOCIÓN 2019-2022, 6º de Infantil.

vivenzas graduados 6º inf

 

 A titora Tere e todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos ... MOITA SORTE EN PRIMARIA!

Día das Letras Galegas na clase de 4 anos

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas na clase de  4º de infantil, celebrando o Día das Letras e descubrindo a Florencio Delgado Gurriarán.

letras galegas inf

 

Todo dá o seu froito

Chega o sol, a calor e as rapazas e rapaces de 4º de infantil preparan un refrescante zume con todo o sabor do verán.

da froito

 

DÍA DA TERRA

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil levan varias xornadas traballando sobre o coidado do noso planeta, dos animais e da natureza. Todo a través do conto de Sarah Roberts ¡Alquien se ha tragado a Lola!

E hoxe, Día da Terra déixannos un pequeno resumo de todo o feito.

RECUNCHO VERDE

E coa chegada da primavera comezamos co aproveitamento deste pequeno pero incrible espazo.

Areeiro, árbores, horto...

O recuncho verde do CEIP Vistahermosa.

 Álbum de fotos do horto escolar

Desexámosche moita sorte nesta nova etapa, moitas grazas pola túa entrega e vocación durante estes anos que compartimos.

 carta profe ángeles

Bo camiño Ánxeles!

EMERXENCIA, XOGO SIMBÓLICO

En infantil, xogamos a resolver unha emerxencia e asi tamén lle dimos unha utilidade ao noso teléfono que comunica a aula de 4º coa de 5º de infantil. 

ENTROIDO 2022

Semana intensa e animada no colexio

- Mandatos do Meco: co aniversario de Rosalía de Castro integrado.

- Desfile: seguindo o proxecto da biblioteca deste ano "ECOMUNDI", concienciándonos sobre o respecto e o coidado do noso planeta.

- Baile: preparación dunha coreografía para a canción "Madre Tierra" de Chayanne na que participou todo o alumnado do centro.

Aquí unha pequena mostra do acontecido.

Álbum de diapositivas O Entroido EcoMundi

O NOVO PARQUE DO CEIP VISTAHERMOSA

Os máis peques do cole xa teñen un novo parque.

Así de contentos/as disfrutan tódolos días.

NADAL 2021

E despois dun inicio de mes un tanto difícil, por fin chegou o Nadal!!!

Días cargados de emocións e actividades:

- Visita de Papá Noel con agasallos (xestionada pola ANPA).

- 3º Concurso de postais de Nadal organizado pola ANPA.

- Decoración do barrio (iniciativa da Asociación de veciños do barrio de Vistahermosa).

- Interpretación do baile e canción "Volver a casa por Nadal" Xababanda.

- Master class de alumnado de 6º e 4º de primaria para todo o cole cantando e bailando panxoliñas tradicionais.

- Decoración do centro.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa polas vosas iniciativas e colaboración.

BOAS FESTAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut