Skip to Content

Outras actividades

Imos de ruada cos escornabots 

Durante a semana de Entroido,  estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.

Co libro guía  "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espírito desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais. 

Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.

Biblioteca creativa

Semana de Entroido no colexio. Comezamos cos mandados do Meco e rematamos cun desfile medieval.

Aquí unha mostra do acontecido.

O tema do Entroido deste ano será a Idade Media. Fai click na imaxe para vela ampliada

Mandados meco 2021

E por se vos interesa a información

unha lembranza vos imos dar:

O do luns, do martes e do mércores

Teredes que acumular.

Organiza Biblioteca, ENDL e AAEE. Proxecto da Idade Media

Que mellor maneira de conmemorar o Día da Paz que cantando e bailando.

As nenas e nenos de  Educación Infantil xa levaban días preparando a canción "Eu teño alguén", de Sonárbore. Así de estupendo lles quedou coas súas voces e acompañando con linguaxe de signos.

Pola súa banda as rapazas  e rapaces de 5º e 6º de Primaria crearon unha coreografía para a versión "Que sorte de terte" da TVG, ao máis puro estilo TikTok.  Aquí deixamos un anaquiño da actuación de onte de toda Primaria.

.

 

Deseño e impresión de símbolos da paz en 3D

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Paz e Non Violencia", dende o Equipo de Biblioteca e AAEE propuxéronse diversas actividades coa mensaxe de A PAZ É A SOLUCIÓN

- Exposición na entrada do centro das Pombas mensaxeiras da paz.

- Concurso de Banda deseñada e Escape Book dirixido a todo o alumnado.

- Bailando pola Paz:  Cancións e bailes que preparamos nas aulas de música, EF e psicomotricidade. 

- Deseño e impresión en 3D de símbolos de Paz. Na seguinte presentación podedes ver as pezas que imprimimos durante este mes.

 

Coa Guía rápida para pasar unha imaxe 2D a 3D, empregando os programas InkScape e FreeCAD, ambos software libre,  transformamos debuxos en pezas en 3D. 

Recursos: Tinkercad, FreeCad, InkScape, Thingiverse, Impresión 3D+Makers

OBRADOIROS:

Arte

O alumnado de 3º participou nun Taller de robótica básica. De cando o pincel e o lapis se enfadaron e non quixeron compartir cadro.

Trala audición e comentario do conto, construíron robots con distintos tipos de pincel cos que pintaron un cadro.

 

Natureza

Nas clases de 4º, 5º e 6º  realizouse un Taller de electrónica básica e programación con microbit: Programando o Universo.

obradoiro Steam A FUNDACIÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividade impartida polo Servizo Educativo de Afundación. Contamos con dous monitores que viñeron ao centro a sumar coñecementos de Arte e Natureza a través da tecnoloxía.

Estas actividades realizáronse con todas as medidas de seguridade pertinentes fronte a COVID-19 

Moitas emocións no último día de cole antes das vacacións de Nadal: premios do concurso de postais, visita e agasallo de Papá Noel e espectáculo sorpresa.

Moitas grazas á ANPA, ao xurado e a todas as persoas que fixeron posible esta xornada tan especial.

Aínda que este ano non puidemos celebrar o noso tradicional Festival de Nadal, as nenas e nenos non quixeron quedar sen facer a súa felicitación.

Esperamos que vos guste.

 

Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron unha videochamada en directo dende o "Polo Norte" do mesmísimo Papá Noel.

Unha xornada chea de ledicia e ilusión para os máis cativos do colexio.

Moitas grazas a Papá Noel, á colaboración da ANPA e a todas e todos os que fixestes posible esta experiencia.

 

Aínda que se tratou de un magosto diferente, todas e todos disfrutamos das actividades organizadas para hoxe: xogos cos escornabots, buxainas, bailes, cancións... e por suposto degustación de castañas e bolos preñados.

Aquí deixamos unhas imaxes que mostran o realizado durante a xornada:

E tamén parte da gran representación da canción "VIVE O MAGOSTO"

 Música:Vive o Magosto. José M. López Cabana

Distribuir contido


by Dr. Radut