Queridas familias:
A semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos o ENTROIDO no cole. A temática é “ECOMUNDI” - confección de disfraces e complementos seguindo a regra dos 3R.
Atent@s aos mandados do Meco.
![](/centros/ceipvistahermosa/system/files/u171/WhatsApp%20Image%202022-02-22%20at%205.51.37%20PM.jpeg)
- Se o MARTES non te queres vestir, en pixama podes vir!
- O MÉRCORES día de Rosalía é, unha flor e un poema deberás poñer.
- Se o XOVES te queres divertir, reutiliza un disfrace a elixir.
- O VENRES, se o Entroido queres gozar co traxe EcoMundi deberás desfilar.
Coordina equipo ENDL, AAEE e Biblioteca