Durante este mes fixemos unha recollida de información sobre as máscaras e traxes máis representativos do Entroido da provincia de Ourense. Escollemos once máscaras para formar este taboleiro.
TABOLEIRO ESCORNABÓTICO DE ENTROIDO
Actividade 1- Para alumnado de Infantil. Actividade ABN:
-Tiran o dado
-Desprázanse ese nº de celas polo taboleiro.
-Identifican a máscara.
-Programan o robot ata esa careta.
Actividade 2- Para alumnado de infantil e primaria - Recoñece Máscaras de Ourense a partir de detalles de cada unha
Actividade 3 -Dirixido a alumnas/os de primaria - Le as tarxetas e identifica o/a personaxe de cada localidade.
Tarxetas para imprimir e recortar
Actividade 2 | Actividade 3 |
Debuxos realizados polo alumnado de 4º e 6º de EP
Tarxetas descritivas: alumnas/os de 6º