Samaín

Samaín

SAMAÍN (31/10/2017)

    Para conmemorar esta data, desde a biblioteca propuxemos varias actividades:
 
   Comezamos por ambientar o corredor principal cunha exposición de lecturas temáticas e outra de cabazas e obxectos terroríficos.
 
     Despois de varias convocatorias, o certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria estase a converter nunha actividade moi demandada. Neste certame, dámoslle ao alumnado o  principio  dun  libro  para  que  eles  reinventen  a  historia; este  ano  os  libros  propostos  foron  A superheroína supersónica de Mireira Canals para 3º e 4º de Primaria e O zombi de Enric Lluch para 5º e 6º.
    Pola tarde, os gañadores do certame de creación literaria foron os protagonistas das Lecturas de medo lendo as súas historias ao resto do alumnado.
 
 
 
   Ademais nestas lecturas de medo, participaron tamén os nenos de Educación Infantil contándolle ao resto do alumnado o conto  Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto e André Letria.

CORRE, CORRE CABACIÑA (31/10/2017)

    O alumnado de infantil, estivo a traballar o samaín co libro Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto e André Letria.

   Os máis pequenos gozaron coa lectura do conto e fixeronnos un mural moi fermoso que loce así de ben no corredor.
 
   Ademais eles mesmos foron os encargardos de contarnos esta historia nas lecturas de medo da biblioteca, e cantarnos a canción do mesmo.
 

SAMAÍN / HALLOWEEN NA BIBLIOTECA (28/10/2016)

 Para conmemorar esta festividade, desde a biblioteca propoñemos varias actividades:

- Lecturas de medo: as lecturas presiden a entrada á biblioteca durante toda esta semana, ao alcance de todo o alumnado

 

- Exposición de cabaxas e outros obxectos terroríficos: os nenos e nenas do centro foron facendo e traendo das súas casas cabazas, árbores fantasmagóricas, cemiterios, pantasmas, morcegos... para facer esta temible exposición
 

 

 - Certame de creación literaria e lectura en voz alta: este ano para o certame, había dúas posibilidades:
 
              Cal é a orixe desta celebración? Os nenos e nenas tiñan que facer unha proposta orixinal sobre a orixe desta celebración.
 
            "El cuarto prohibido" démoslle ao alumnado o principio desta historia e eles tiñan que inventar un novo final.
 
             As historias gañadoras foron lidas polos seus propios autores na biblioteca ao resto do alumnado, á luz das terroríficas cabazas
 
- Elaboración de marcapáxinas: despois das lecturas fixemos un taller de elaboración de marcapáxinas con papeis de xornais e debuxos típicos destas datas
 
- Arañas moi vistosas: os alumnos de infantil fixeron estes fermosos gorros coas súas titoras, para convertir aos nenos e arañas moi alegres para axudarlles a superar así o medo que algúns deles tiñan a estes insectos.

 

- Truco o trato: e para rematar, non podía faltar o famoso trick or treat

   

GALERÍA DE IMAXES

CERTAME CREACIÓN LITERARIA: A BRUXA TOLA - Samaín 2015

     Como xa sabedes, dentro da celebración do Samaín / Halloween; había un apartado dedicado á creación literaria.
 
    O desafío deste Certame de Creación literaria era o seguinte: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberían rematar a historia utilizando o seu maxín. 
 
     Se premedes na imaxe poderedes acceder ás historias escollidas.
 
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/certame_a_bruxa_tola

SAMAÍN - HALLOWEEN (2015)

    O día 31 de outubro festéxase a festa de Samaín ou Halloween; como non imos a estar no centro ese día, adiantamos a súa celebración.

    Este ano fixemos tres actividades diferentes: lectura e creación literaria de contos de medo e a exposición de cabazas.

        Lectura de contos de medo: durante toda a semana, tivemos o punto de interese cheíño de libros e contos adicados a esta celebración. Pero en vez de estar na biblioteca, estivo na entrada do colexio onde todo o mundo podía pararse a ver os libros para lelos nos tempos de ocio ou levalos en préstamo.

  Hoxe pola tarde, Ángel e Aroa alumnos de 5º e 6º de Primaria nos contaron ao resto do colexio o conto Os tres bandidos onde os bandidos acaban non sendo tan malos como parecían.

   

    Creación literaria: despois de reflexionar como os contos ás veces non teñen os finais esperados; propoñémoslle ao noso alumnado un desafío de creación literaria: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberán rematar a historia utilizando o seu maxín. Esperamos que despois desta ponte, as historias que nos traian sexan sorprendentes.

 

   

  Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos: unha das actividades que máis lles gusta aos nenos é a exposición de cabazas ou lucecús terroríficos. Aquí tedes unha foto da exposición deste ano e dos morcegos que elaboraron con material de refugallo. 

  

Se queredes ver mais fotos desta celebración ou ver a cada neno coa súa cabaza, premede no enlace:

GALERÍA  DE  FOTOS

SAMAÍN - HALLOWEEN 2014

     Chega novembro e con el chega tamén a celebración de Samaín ou Halloween.

    Este ano para conmemorar esta data, convocamos dous certames diferentes. Por unha banda un certame de cabazas ou outros obxectos terroríficos para todo o alumnado; e por outra banda, un certame de narración de historias de terror sobre o sonigrama proposto pola TVG e recollido no centro polo Equipo de Biblioteca.

   Como podedes imaxinar, o certame de cabazas foi moi participativo e había cabazas que daban moitísimo medo.

 

   Ao carón da nosa exposición, non podían faltar os libros; libros da nosa biblioteca que contan historias de terror, pantasmas, bruxas, morcegos, misterio... a que esperas para atreverte a ler un?

    O certame de narración tamén contou con moita participación e tivo como resultado unhas historias terroríficas. Nos seguintes vídeos podedes escoitar algunhas das historias gañadoras:

 

 

    No colexio tamén apareceron, saídos de oscuras e terroríficas covas uns morcegos xigantes dispostos a cantarnos unha canción. Foi unha actuación espectacular dos alumnos de Infantil, de Primeiro e de Segundo.

    Xa pola tarde, contamos no centro coa presenza de Teresa Grau, unha narradora que nos agasallou con contos e historias sobre o medo. Ao alumnado gustáronlle moito as historias aínda que cando os de Infantil marcharon para a súa aula e só quedaban na biblioteca os maiores de Primaria; as historias voltáronse máis e máis terroríficas...

 

   Se queredes ver todas as imaxes deste día: os narradores, as narradoras, os nenos e nenas coas súas cabazas, máis imaxes do contacontos e as fotos dos premiados no certame...só tedes que premer no seguinte enlace.

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

OS MADRUGADORES E O SAMAÍN

   Os madrugadores do colexio fixeron uns monstros terroríficos para conmemorar o Samaín / Halloween reutilizando botes de vidro.

 

HALLOWEEN - SAMAÍN 2013

  Como cada ano, convocamos un certame de cabazas e outros obxectos terroríficos entre @s nos@ alumn@s e como podedes ver, tivo moito éxito. Nestas imaxes veredes como se foi enchendo tanto o espacio que tiñamos adicado as cabazas que tivemos que amplialo.

HALLOWEEN   exposición de cabazas

Se queredes ver cada neno ca súa cabaza (e merece a pena porque algunhas son espectaculares) podedes facer click na seguinte imaxe e verédelas todas

    Ademais este ano Halloween estivo adicado ás arañas. Para facer as nosas arañas necesitamos o seguinte material: bolas de porexpán, esponxas de baño, ollos, limpapipas vermello e unhas luvas usados.

materiais

    Das esponxas fixemos as patiñas pintándoas de cor negra; e coa media bóla de porexpán tamén pintada de negro, as cabezas cos seus olliños e a súa boquiña. Despois pegámolo todo na luva e xa temos unha terrorífica araña de Halloween.

pintando de negro  patiñas e cabeza pintada  araña

    Pola tarde, fixemos unhas actuacións con estas arañas:

- @s nen@s de Infantil cantáronnos a canción de Wincy Wincy araña;

- Os de 1º ciclo dramatizaron unha adaptación de La araña Cucufata,

- Os de 2º ciclo fixeron a través da biblioteca un certame de historias terroríficas de arañas; e dramatizamos un par delas que realmente daban moito medo, La mansión encantada (Manuel, Aroa e Paula) e Imos de voda (Lisbeth e Laura R.)

 

- E os do 3º ciclo tamén a través da biblioteca fixeron un traballo de investigación sobre as arañas que logo nos expuxeron na biblioteca a través das marionetas e co que @s nen@s do cole aprenderon moito. Vos sabíades que as arañas se distinguen dos insectos por exemplo no número de patas? Pois podedes aprender isto e moito máis lendo a súa investigación no arquivo adxunto

Todos os nenos

 

HAPPY  HALLOWEEN

E

FELIZ  SAMAÍN

HALLOWEEN 2012

Outro ano máis celebramos no colexio a tradición de Halloween que é a noite do 31 de outubro, pero no colexio celebrámola pola tarde porque non queremos levar moito medo.

Durante toda a semana celebramos o concurso de cabazas que este ano foi espectacular. As cabazas cada vez son máis bonitas e elaboradas ademais de orixinais, temos uns nenos e nenas moi traballadores!


Pola tarde, os nenos de 3º ciclo representaron o conto Corre, corre cabaciña (Eva Mejuto. Ed. OQO) para o resto do colexio. Aos nenos e nenas gustoulles moito, sobre todo aos de Infantil que o pasaron moi ben.


Para rematar, fixemos un obradoiro de tarxetas - sobre con forma de cabaza que despois enchemos de terroríficas chuches.

VER IMAXES

HALLOWEEN 2011

CABAZA

A noite do 31 de outubro é a noite de Halloween; pero como non imos vir de noite ao colexio, nós celebrámolo o venres anterior cun concurso de cabazas e uns xogos por equipos nos que teremos que bailar como momias, preparar unha araña saborosa, facer un puzzle dun gato negro, demostrar os nosos coñecementos de inglés e ata convertir en momia a un compañeiro.

Quen gañará?

VER  IMAXES

Distribuir contido