Complementarias

QUÉ BEN SABEMOS REGUEIFAR

Aprendemos a regueifar

 

 

 

 

 

Mais fotos na galería

Dia de Rosalía

 

 

 

Rosalía de Castro traballo realizado polo alumnado de 6º A

Paco Nogueiras

 

As fotos atópanse na galería desta web.

FESTA FIN DE CURSO

As despedidas sempre son tristes...por iso no CEIP intentamos facelas un pouquiño máis levadeiras...Agradecemos a todos/as que fixeron posible, coas súas colaboracións, que este fin de curso volvese a ser especial.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º E.I.

Despedimos de E.I. ao noso alumnado que para o curso que vén será recibido polos compañeiros/as de primaria. Algúns continúan con nós, outros o farán noutro centro. Do xeito que sexa desexámolles que teñan un bo comezo de curso.

E así foi a súa graduación........

Clic na imaxe.

 

 

 

23 DE ABRIL Día do libro-6º B

O Coelliño Blanco 2º A

Día do libro

Xa están as fotos do día do libro na galería, iremos subindo máis, e os vídeos tamén.

 

24 de febreiro día de Rosalía de castro

UN GRAFFITEIRO NO COLE

A semana pasada achegouse ao cole Martín Sampedro Rañó cargado de sprays e listo para darlle un toque de color e arte ao noso colector onde os nenos/as de Educación Infantil gardan os seus xoguetes do patio.

Velaí vos deixamos algunhas imaxes do seu traballo.

 

O colector xa está listo, agora so nos queda enchelo para o goce dos nosos pequenos, así que papás xa o sabedes, se vos ides desfacer de “correpasillos”, triciclos, motos, carretillas, caldeiros, coches etc. lembrade que no cole os nosos alumnos/as estarán encantados de darlles unha segunda oportunidade a eses xoguetes

 

E ESTE FOI O RESULTADO FINAL...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TODO É UN CONTO TEATRO 4º B

COMEZAN AS VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Volvemos o martes día 7 de abril. Pasadeo moi ben!

TOMAS FALSAS

SUPERHEROINASIG

PARTIDO DA IGUALDADE

MUSEO DO TÍTERE NO PAZO DE LIÑARES

Dende o Ceip de Silleda agradecemos ao Concello de Lalín e especialmente a Anxo Basterra (dinamizador do museo e coordinador de Viravolta Títeres) que lle abrira as portas do museo do Títere aos nosos alumnos/as de 5º de E.I. Pasaron unha xornada fantástica, primeiro visitando o Muiño de Cuiña (Prado) con motivo da finalización do seu proxecto sobre o millo e posteriormente achegáronse ao Pazo de Liñares para ser uns dos primeiros visitantes do Museo do Títere que abriu as súas portas o Sábado.

     

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

CONMEMORACIÓN  DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 celebrouse o día contra a Violencia de Xénero. Ese día, recordamos as vítimas, vemos datos, constatamos que aínda queda moito por facer. As mulleres seguen morrendo ano tras ano por este terrorismo machista, seguen sufrindo na súa vida e na dos seus fillos e fillas agresións físicas e psicolóxicas, seguen vivindo, demasiadas veces en silencio, un inferno do que é moi difícil escapar. Vivir sen violencia é un dereito. A violencia machista conculca os dereitos e pon en perigo a vida de moitas mulleres galegas, é a manifestación máis terríbel da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade. 

A violencia que se exerce contra as mulleres segue a ser un problema global, que ten as súas raíces na estrutura dos sistemas sociais, nos costumes, nas pautas e valores culturais que asignan ás mulleres unha posición inferior e subordinada na familia, no traballo e na sociedade.

 

O equipo de infantil quixemos achegar esta realidade aos nosos alumnos/as máis pequenos a través da adaptación teatral do conto " O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Se premedes na portada do conto poderes ver a representación teatral.

                         

XORNADA "XOGADE"

Os nosos alumnos/as de 4º, 5º e 6º participaron nunha proba interescolar de campo a través.

Foi unha xornada moi animada na que os alumnos disfrutaron da actividade deportiva nas instalacións da Semana Verde. Ao final o importante non son os gañadores senon as ganas de participar e de establecer relacións cos compañeiros doutros centros próximos.

Os xornais da comarca dan conta da nova:

FARO DE VIGO (clic na imaxe)

El campeonato zonal de campo a través reúne a 300 escolares

 

 

Na Voz de Galicia (clic na imaxe)

 

Distribuir contido