Actividades

PROGRAMACIÓN CON SCRATCH

Empregando SCRATCH os nen@s crearon as súas propias historias, programando as accións a realizar por este gato e os seus amigos, así os diferentes protagonistas viviron diferentes aventuras, uns viaxaron ao espacio, outros ao fondo do mar e algúns ata a sabana.

A través do dominio de SCRATCH @s pequen@s desenvolven o pensamento lóxico, estimulan o fundamento da programación, fomentan a creatividade e o traballo en equipo e estimulan a persistencia contra os desafíos.

 

TOCA NO GATO PARA PODER VISUALIZAR O TRABALLO DOS PEQUECH@S DE EDUCACIÓN INFANTIL.

T

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

A continuación establécense as recomendacións lectoras para este Nadal nun documento adxunto.

 

 

 

SAÍDA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 seguen a coñecer os servizos cos que conta Silleda, a súa localidade,como parte do PDI do centro "Galicia", sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”.

Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz.

Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.

 

FEIRA DA ALEGRÍA

O venres 15, levouse a cabo na Praza Juan Salgueiro de Silleda, unha nova edición da Feira da Alegría, organizada polo noso centro. Nos diferentes postos, había produtos á venda elaborados polo propio alumnado e na maioría dos casos, a temática ía relacionada co Proxecto Documental do Centro "Galicia". A recaudación conseguida irá para a asociación Aúpa Deza.

Podedes ver algunhas das imaxes da xornada premendo na palabra

ALEGRÍA  

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 O día 24 de novembro, celebramos na escola o “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, e en tódalas aulas se traballou sobre o conto  

“ Peúgo, o calcetín melenudo”, ao que lle deron voz, dúas mestras do centro.

Así, tamén se fixo uso de actividades interactivas, para traballar a comprensión e o recoñecemento de imaxes do conto, ás que podedes acceder dende as vosas casas nos seguintes enlaces:
 
É para rematar a celebración deste día os nen@s que o desexaron, participaron nun obradoiro, proposto dende a biblioteca do centro, de creación e elaboración do seu propio Peúgo, partindo dun calcetín e da súa propia imaxinación, e que á vez nos permite comezar a dar forma ao recén implementado nos centros "Polos creativos".
 
 
Podedes ver como foi o proceso de elaboración, premendo na seguinte imaxe.
 
 

SAÍDA AO MUSEO DO CAMPO

O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades   relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta.

Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma.

OBRADOIRO DE ROBOTS MONSTRUOSOS

Durante a semana previa, a celebración do Samaín, levouse a cabo na biblioteca do centro, un obradoiro de creación de robots monstruosos, no que poideron participar tódolos nen@s. Durante o mesmo, realizaron a montaxe do circuíto eléctrico, para darlle movemento e posteriormente cada quen decorouno ao seu gusto.

Unha de moitas experiencias, neste novo Recuncho Maker.

PREME NO ROBOT PARA VER O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.

Robot 78: Happy Dance Animated GIF Robot | TIM

 

DIA DA PAZ 2020

Co gallo do día da paz  o alumnado de Primaria fixo debuxos para confeccionar dous libros co título " Good will book" que será integrado cos outros libros da biblioteca.

Se queredes ver os debuxos premede nesta ligazón.

PROCESO DE EXTRACCIÓN DO MEL

mel en Galicia é un producto natural e fresco que se recolle dende fai centos de anos. Entre os meses de xullo a outubro, os apicultores realizan este traballo a man, artesanalmente, como se leva facendo dende fai siglos. 

Así, co fin de coñecer un pouquiño máis a labor do apicultor, levamos a cabo nas aulas de Educación Infantil, un obradoiro no que os nen@s tiveron a oportunidade de descubrir diferentes aspectos do proceso de elaboración do mel.

Para ver a actividade de cada unha das aulas preme na imaxe que te guiará ao vídeo da sesión.

AULAS 2 e 3

 

 

 

AULAS 1,4,5 e 6

 

APRENDENDO A SER CONFERENCIANTE. XANEIRO

Seguimos con este proxecto que favorece a lectura, as habilidades orais e a exposición  diante dun público. Neste mes de xaneiro houbo as seguintes conferencias na biblioteca durante o recreo: ¿Sabes qué animales están en peligro de extinción? (4ºPrimaria) | Nicomedes o Pelado (4ºPrimaria) | A contaminación (4ºPrimaria) | Brawl Star ( 4ºPrimaria) | La amistad ( 4ºPrimaria) | Coco Chanel(4º Primaria) | Harry Potter y la piedra filosofal (3ºPrimaria).

Preme na seguinte ligazón para ver as fotos dos conferenciantes e os carteis:  https://drive.google.com/drive/folders/1lIdmuYCJjlqd9gp9ny0i9n0Wge-0WDJf

APRENDENDO A SER CONFERENCIANTE

Comezamos esta singladura no primeiro trimestre do ano 2019.

Dende o Equipo de Biblioteca estamos levando a cabo un proxecto a longo prazo no que os propios alumnos son protagonistas da actividade. 

Coa participación das familias, alumnado e profesorado, os conferenciantes deseñan material gráfico para as súas intervencións. O tema é elixido polos alumnos e, despois de deseñar o cartel anunciando a conferencia, a biblioteca facilita as instalacións e o equipamento durante o recreo para levar a cabo a actividade. Outra modalidade para os máis inexpertos é escanear libros de lectura e comentalos co apoio da pantalla.

O obxectivo final é traballar as habilidades de expresión e exposición diante do público, así como a pescuda e organización de información.

No primeiro trimestre traballáronse os seguintes temas:

Cabalos (6º Primaria),a goma de borrar, a luz, o lápis,os colectores (Infantil), animais domésticos (6ºPrimaria).

A NOVA BIBLIOTECA

Despois das obras realizadas no centro, a Biblioteca está lista para o seu uso.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1Au6jncF5iTAeq8byzYAdEKgWtqN0jYJg...

O PARAUGAS LITERARIO

 

A actividade "O paraugas literario" desenvolveuse en numerosas prazas do casco urbano de Silleda. Os protagonistas desta actividade foron os alumn@s do noso centro. Os cales leron poemas, textos en prosa e interpretaron pezas teatrais. 

Todas aquelas persoas que quixeron puideron disfrutar desta actividade aberta a todo o público.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

O PARAUGAS LITERARIO

 

RAMÓN CARIDE

O escritor Ramón Caride visitou o centro para falarlles ao alumnado de 5º e 6º sobre o seu libro "Ameaza na Antártida". 

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

RAMÓN CARIDE

LECTURAS COMPARTIDAS - DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro os alumn@s máis maiores léronlles aos máis pequenos. Esta actividade realizouse no patio do centro, onde grandes e pequenos puideron disfrutar da lectura.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

LECTURAS DOS MAIORES AOS PEQUENOS

MARICA CAMPOS

O pasado 11 de abril os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron a visita da escritora Marica Campos.

Ó longo do segundo trimestre leron o libro "Unha misión para Clara", escrito pola autora.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

MARICA CAMPOS

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Aquí vedes unha selección de debuxos baseados no corto " Los fantásticos libros voladores de mr Morris Lessmore"

Para poder  ver as fotos premede na seguinte ligazón

Día das bibliotecas escolares

PREMIOS PARA OS MELLORES CÓMICS

Algúns alumnos e alumnas do centro participaron no Concurso de Cómics de Silleda. A continuación tedes as ligazóns da noticia e a imaxe dos gañadores destes premios. Parabéns!

PREMIOS PARA OS MELLORES CÓMICS (La Voz de Galicia)

PREMIOS PARA OS MELLORES CÓMICS (Faro de Vigo)

'A VOZ DOS SOÑOS E OUTROS CONTOS PRODIXIOSOS'

O alumnado de 3º e 4º de EP participou nunha sesión de animación á lectura relacionada co libro 'A Voz dos Soños e Outros Contos Prodixiosos' de Hugh Lupton. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade:

ANIMACIÓN Á LECTURA: 'A VOZ DOS SOÑOS'

SEMANA DA PRENSA

Na Semana da Prensa, o alumnado de Primaria creou anuncios publicitarios e seccións de periódico:

 

Distribuir contido