Programa "Mestres Gandeiros"

SAÍDA AOS ANCARES - COOPERATIVA A CARQUEIXA

Como colofón final do programa Mestres Gandeiros, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de desfrutar dunha xornada nos Ancares, de man da cooperativa a Carqueixa. Unha experiencia inolvidable na que puideron coñecer o ritmo de vida da zona, degustar alimentos que eles mesmos producen, ver as vivendas típicas da zona, así como, descubrir a flora e fauna.

Preme na seguinte imaxe para comprobar o desenvolvemento da saída.

 

 

 

 

 

ENSALADA DE PRIMAVERA

 O noso horto xa comezou a dar os seus primeiros froitos, por iso, nas aulas 1, 4, 5 e 6, comezamos a degustar algúns dos productos que dela saen, como a leituga.

Con ela fixemos unha boa ensalada, que comemos na hora da merenda, e para facela máis atractiva engadímoslle ingredientes coma olivas, millo…

O HORTO EN GALICIA

O alumnado da aula 4 de Educación Infantil, realizou un vídeo informativo sobre o horto, baseándose na experiencia adquirida durante o desenvolvemento deste programa e na do seu propio contexto familiar.

 

OBRADOIRO DE QUEIXO DE OVELLA

Deténdonos na gandería ovina, tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro de elaboración de queixo fresco con leite de ovella, unha actividade que suscitou moito interese nos máis cativ@s. 

IMG_7561.jpeg

IMG_7564.jpeg   IMG_7565.jpeg

IMG_7562.jpeg   IMG_7563.jpeg

SAÍDA A SEMANA VERDE: RAZAS AUTÓCTONAS

A semana pasada, despois de traballar na aula as razas autóctonas  de Galicia levamos a cabo unha saída  a feiro da Semana Verde para ver exemplares das mesmas de primeira man. Somos felices vendo animais!

IMG_7553.jpeg 

 IMG_7554.jpeg    IMG_7555.jpeg   

IMG_7556.jpeg    IMG_7557.jpeg

IMG_7558.jpeg    IMG_7559.jpeg

 

 

PRODUCTOS DA HORTA EN 3D

En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.

1b1a5935-3c82-43fe-bece-1010367a5ca9.jpeg

IMG_7227.jpeg

IMG_7225~0.jpeg   IMG_7226~0.jpeg

f3611869-9749-4855-a197-94b6b39d75c1.jpeg

 

 

PLANTACIÓN NA CANTEIRA DE ROSENDE

O alumnado de 6º de Educación Primaria, participou nunha xornada de concienciación medioambiental promovida por Masaveu Industria S.L. Foron os protagonistas da plantación de árbores autóctonas na coñecida como canteira de Rosende.

Preme na seguinte imaxe para poder ver o resto da xornada.

0DFB55A3-BB3A-4583-869C-EEDD67025435.jpeg

ANIMAIS DOMÉSTICOS

As familias dos nos@s cativ@s sempre están dispostas a formar parte do proceso de ensino-aprendizaxe. Por iso, ao abeiro do programa “Mestres Gandeiros”, acudiron ao centro, con diferentes animais domésticos, que fixeron as delicias dos máis pequenos, e cos que poidemos convivir durante dous días.

 

 

 

1 DE ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS

Unha das actividades propostas para seguir desenvolvendo o Programa “Mestres gandeiros”, dende as aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que estamos inmersos en todo o relacionado co horto, e que serviu a vez, para desenvolver unha das actividades conmemorativas, sinaladas no calendario escolar “1 de abril: Día das Artes Galegas”, as cales son de obrigado cumprimento, foi a realización de cadros con legumes.

E como non podía ser menos, sairon verdadeiras obras.

 

Todos uns artistas!

 

CREACIÓN DO HORTO

Alá polo mes de febreiro comezamos a matinar sobre como montar un horto na escola, ao abeiro do Programa Mestres Gandeiros no que estamos inmersos, e que ao mesmo tempo, gardase relación co PDI sobre Galicia.

Pois ben, pouco a pouco vai collendo forma.

 

Comprobade como vamos avanzando, nas tarefas de sementar, transplantar, regar, manter o composteiro…, para elo toca na regadeira que a continuación se presenta e verás un montón de imaxes.

OBRADOIRO DE COCIÑA CON OVOS DE PASPALLÁS

 

Os nen@s da aula 6 estiveron a cociñar con ovos de Paspallás. Están feitos tod@s uns chefs!

 

EXPERIMENTO CON OVOS

Para seguir co tema central da semana, os ovos, levamos a cabo un experimento. Puxemos un ovo nun vaso, botámoslle vinagre, e deixámolo uns días, para ver que acontecía, o ovo volveuse elástico.
 

   

                                

                                 

 

 

GANDERÍA AVÍCOLA: Coñecemos e comparamos ovos.

 Ao longo da semana previa a Pascua, estivemos a coñecer diferentes tipos de ovos, tendo en conta a súa procedencia animal (ovos de oca, de quica, de galiña, de codorniz...) e características (traballando tamaños, formas, cores...).

            

          

                    

     

MINIMUNDO: A granxa

En relación co programa “Mestres gandeiros”, os pequen@s do grupo 6 despois de levar a cabo a saída a SAT O CHOPE, decidiron construir unha granxa, e sen sabelo estaban
creando un precioso minimundo relacionado coa granxa.

 

 

E o mellor non é o bonito que é, senón o moito que disfrutan xogando con el. 

   

   

 

VISITA A SAT O CHOPE

 O xoves 21 e o venres 22  de marzo, como unha das actividades do programa "Mestres Gandeiros",  fomos coñecer o funcionamento dunha granxa a Escuadro, a SAT O Chope. Durante a visita comprobamos de primeira man, como muxen, con robot, tocamos os becerros recén nados, démoslle de comer...

Toca na imaxe para poder ver o vídeo do desenvolvemento da actividade.

 

Unha experiencia moi interesante, grazas aos integrantes da explotación!

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: Mulleres gandeiras

 O día 8, seguindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, e como proposta de actividade do programa “Mestres Gandeiros”, invitamos as avoas e mamás dos nosos cativ@s a contarnos a súa  experiencia como agricultoras e gandeiras, comprobando deste xeito o cambio significativo que se produciu co paso do tempo no que a agricultura e gandería se refire. 

 

As aulas 5 e 6 tiveron a sorte de contar coa avoa de Marta e Aleera, Rosa.

 

 

As aulas 4 e 5, contaron coa avoa de Brais, Maruja; e coa mamá de Celia, dúas mulleres de tempos distintos, aínda que unidas por a mesma profesión, a gandería e agricultura.

 

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: As avoas

Este ano no cole estamos inmersos nun centro de interese, como é Galicia, e en Educación Infantil, en relación con este último, no Programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta.

Para elo durante este 8M, fixémoslle numerosos agradecementos a unhas das mulleres máis importantes da nosa vida, as nosas avoas, persoas traballadoras e incansables onde as haxa, moitas delas traballadoras do noso campo galego. 

Así os nen@s do grupo 6 fixeron esta bonita homenaxe as súas propias.

 

Preme na imaxe para vela.

FLOCOS DE MILLO

 

Os nen@s do grupo 6, ao día seguinte de ir ao Museo do Campo, fixeron flocos de millo; pois durante a asamblea xurdiu unha dúbida, é o mesmo millo que se emprega para alimentar os animais o que se utiliza para facer os flocos do millo?. Despois de indagar, chegaron a conclusión de que non, eran uns grans e unha raza diferentes. Isto permitíulles coñecer os nomes dos diferentes tipos de millo existentes e máis frecuentes na nosa comunidade.

 

ELABORACIÓN DE PAN

 Outra das actividades posteriores, á visita ao Museo do Campo, foi a realización de pan, no grupo 2 e 3.

Durante a visita adquirimos moitos contidos que descoñecíamos que nos permitiron ampliar os nosos coñecementos previos con respecto a elaboración do pan: de donde podemos obter a fariña, que instrumentos precisamos para transformar a materia prima (trigo, millo, centeo) en productos elaborados...

 

 Podedes ver como están feitos todos uns panadeiros, ainda que un pouco larpeiros, pois unha vez o pan cocido, untaron a rebanda con crema de cacao… e nin migallas quedaron, todo comido!

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: AS AVOAS

Este ano no centro estamos inmersos nun centro de interese como é Galicia, e en Educación Infantil e en relación con este último, no Programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta.

Para elo durante este 8M, levaronse a cabo numerosos agradecementos a unhas das mulleres máis importantes da vida dos cativ@s, as súas avoas, persoas traballadoras e loitadoras onde as haxa, moitas delas do noso campo galego.

Así os nen@s do grupo 6 adicáronlle esta bonita homenaxe as súas propias.

Preme na imaxe para comprobalo de primeira man.

 

Distribuir contido