Educación Infantil

SAÍDA AO MUSEO DO CAMPO

O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades   relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta.

Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma.

Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e, no noso centro, o alumnado de infantil realizou ilustracións sobre as mulleres máis importantes da súa vida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

PAPÁ NOEL ESTÁ ENFERMIÑO

OBRA DE TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Este ano polo nadal os alumnos de educación infantil da profe Susana e a profe Marga fixeron unha obra de teatro titulada "Papá Noel está enfermo". Se picades no seguinte enlace podedes vela

https://drive.google.com/file/d/1yabC9f7AJzKgxtGzKCpw01Q56g3AXZyI/view?u...

 

GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podedes ver o vídeo da Graduación do alumnado de Educación infantil.

GRADUACIÓN E. INFANTIL

 

DÍA DA FAMILIA

O alumnado de Educación Infantil disfrutou dunha xornada de festa coas familias para celebrar o Día da Familia.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

DÍA DA FAMILIA

 

ANO NOVO CHINO

O alumnado dos grupos 2 e 3 de Educación Infantil realizaron unha actividade para celebrar o ano novo chino.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

 ANO NOVO CHINO

VERMES DE ESPUMA

Os alumn@s de Educación Infantil do grupo 1 e 6 experimentan facendo vermes de espuma.

         VERMES DE ESPUMA

SAÍDA Á RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE

Os grupos 4 e 5 de Educación Infantil realizaron unha saída a unha residencia da terceira idade.

Para poder ver as fotos premede na seguinte ligazón:

                                      

                                          SAÍDA Á RESIDENCIA

MAIOS 2018: EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de EI celebrou este día no centro e saíu por Silleda a cantar os maios. A continuación o vídeo da actividade:

HORTA DE INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil do centro plantou patacas, fabas e cabazas. Preme na ligazón para ver as fotos:

HORTA INFANTIL

NÚMEROS E CORES CON POCOYÓ

Preme na seguinte ligazón para pasar un bo rato e aprender as cores e números con Pocoyó e os seus amiguiños!

POCOYÓ CORES E NÚMEROS

Para continuar coa diversión, preme aquí e descubre todos os xogos educativos de Pocoyó

CONTOS!

Ás nenas e nenos de Educación Infantil encántanlle os contos:

Distribuir contido