Educación Física

PLAN PROXECTA+ (PVAD)

Este luns 7 de novembro, saíu a listaxe definitiva de centros admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23.

Dentro deste Plan, o noso centro foi seleccionado no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

Para a súa consecución, temos planificadas gran variedade de actividades, como por exemplo:

- Patios activos e divertidos.

- Participación en distintas modalidades de XOGADE.

- Xornadas con actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a Semana do Peón, o Magosto...

- Sesións teórico-prácticas de RCP e atragoantamento en EP.

- Andainas pola contorna.

- Milla diaria.

- Promoción de actividades físicas a través do blog de EF.

- Charlas sobre alimentación saudable.

 

* No blog de Educación Física podedes seguir as actividades que imos realizando.

https://educacionfisicasilleda.blogspot.com/

 

NOVO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA

Este ano creamos un blog para que non vos perdades nada das actividades deportivas que se leven a cabo tanto no centro como fóra. Nel podedes mantervos informados das propostas de xogos/actividades durante os patios, das competicións internas do cole, das probas deportivas que se celebren nos arredores, enlaces á prensa deportiva e moitas cousas máis.

Para acceder a el podedes facelo de diferentes formas:

 1. Escribindo na barra de direccións: www.educacionfisicasilleda.blogspot.com

 2. Escribindo no buscador: Educación Física CEIP Silleda

 3. Pinchando sobre a seguinte imaxe

imaxe blog

 

ANIMÁDEVOS A VISITALO!!!!!

Almorzo saudábel

Como dinámica integrada dentro do proxecto de saúde no que participa o noso centro, o alumnado de 6ºB levou a cabo un almorzo saudábel no cal traballamos a concienciación sobre este tipo de hábitos.

Logo de calcular as cantidades e o tipo de nutrientes que precisamos nesta primeira franxa horaria, o alumnado realizou a compra dos produtos acordados nalgúns dos establecementos da vila, rematando co almorzo ao día seguinte.

Podedes consultar máis IMAXES premendo aquí e na historia destacada de “saúde”.

 

 

PROBAS DAFIS

Nestes días o alumnado de 6º está a levar a cabo a realización das probas DAFIS, as cales nos van a permitir analizar parámetros funcionais e psicomotores, para logo, poñelos en coñecemento do servizo de saúde galego.

Trátase dunha proposta integrada ao abeiro do Plan de Vida Activa e Deportiva.

O principal obxectivo non é outro que facer unha diagnose o máis concreta posible para detectar calquera tipo de anomalía, sobre todo no referente aos desaxustes musculares aos que son tan propensos os escolares desta franxa de idade. 

Podes premer AQUÍ para ver ao noso alumnado.

Xogos de primavera

Que mellor forma de celebrar o día da Saúde, que aproveitando o levantando das restricións para retomar algunhas das dinámicas dos patios.

Comezamos cos xogos de primavera, nos cales cada día da semana poderán participar nos campionatos das diferentes modalidades deportivas, quedando da seguinte maneira:

  • Luns: TCHOUKBALL.
  • Martes: CARRILANAS + PALADÓS.
  • Mércores: FUT - BÉISBOL.
  • Xoves: DATCHBALL.
  • Venres: BÁDMINTON.

Teremos máis novidades na 3ª avaliación!

Preme enriba da seguinte imaxe para ver máis información sobre esta dinámica deportiva.

 

Contidos diferentes

Unidade didáctica de “paladós”

Logo do labor realizado na materia de plástica coa creación das palas con material funxible e de refugallo, o alumnado de 6º comezou co traballo das habilidades motrices básicas de manipulación; empregando os recursos de lanzamentos, recepcións e golpeos, en combinación co perfeccionamento dos patróns básicos de lateralidade.

En breves volveremos a retomar os campionatos, nos cales, entre outros materiais, as palas serán as protagonistas.

Se queredes ver “algúns” dos deseños do alumnado non dubidedes en consultar a historia correspondente na descrición da conta.

Podedes ver as imaxes premendo enriba da seguinte.

Vídeo para crear as palas.

Visita ABANCA-RIAZOR

Xornada de convivencia do alumnado de 6º curso para ver o partido entre o RC Deportivo e o Racing Club de Ferrol no estadio ABANCA-RIAZOR.

Ademais de facer un traballo previo con algúns dos cursos dende a materia de TICs para preparar a saída, tamén se precisan días que salgan da rutina habitual. 

Podedes ver as fotografías dese día premendo enriba da seguinte imaxe.

 

Break Out - Actividade transversal

Nesta semana de entroido é momento para recordar momentos de gran diversión que o alumnado dos últimos niveis tivo en ocasións pasadas. Trátase dunha forma diferente de levar a cabo unha sesión, combinando contidos matemáticos, científicos, lingüísticos e, como non, deportivos.

 

Premendo enriba da imaxe poderedes ver o seguinte vídeo.

DANCE REVOLUTION

Estimado alumnado,

Achegamos as fichas de "Dance Revolution" para que poidades practicar na casa con familiares e incluso amigos/as.

 

Enlace fichas: https://drive.google.com/drive/folders/1wiVYa5KcvfNrKmpJZ-gILavwqx781-e4?usp=sharing

 

No seguinte enlace tedes as pistas musicaishttps://open.spotify.com/playlist/3vCbnRW1Yu4qU1hiwzvRrE

 

Esperamos que o pasedes moi ben e, sobre todo, que coidemos todos e todas o noso corpo.

 

Imaxe extraída de flaticon.es.

CAMPIONATO BÁDMINTON

O luns 8 de marzo dará comezo o campionato de bádminton para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Achegamos o cartel do mesmo (poderedes descargalo no arquivo adxunto).

No seguinte enlace podedes facer a inscrición todos/as aqueles/as que queirades participar: https://forms.gle/YQVJsHibfxVYaNxG8.

 

PATIOS ACTIVOS

Coa chegada do novo ano o CEIP Plurilingüe de Silleda está a pleno funcionamento coa dinámica de patios activos. Todo o alumnado poderá participar nas diferentes actividades propostas dende a área de Educación Física. 
 
No seguinte enlace (pinchar na imaxe) podedes ver as principais tarefas que se levarán a cabo. Ademais, o alumnado de 5º de primaria fixo un vídeo no que intenta explicar da mellor maneira a seguinte dinámica saudábel.
 
Estamos seguros de que se o visualizades, vai a quitarvos máis dun sorriso.
 

XOGOS POPULARES 4º, 5º e 6º EP

O alumnado de 4º, 5º e 6º curso de EP participou nunha xornada de Xogos Populares na Semana Verde de Silleda, na cal realizaron diferentes xogos e actividades. Preme na seguinte ligazón para ver as fotos da actividade:

XOGOS POPULARES

Distribuir contido