Secretaría

Listaxe provisional do fondo de libros

Preman aquí para acceder á listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/2020.

LIBROS DE TEXTO

 

Premede na seguinte ligazón para poder ver o listado de libros de texto para o próximo curso:

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Fondo de libros e vales para libros e material escolar curso 2019/2020

O 21 de maio de 2019 comezou o prazo para a presentación das solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e para recibir as axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo rematará o 21 de xuño de 2019. As shttp://www.edu.xunta.gal/portal/node/27873olicitudes pódenas presentar preferiblemente por vía electrónica na aplicación “fondolibros“ (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal; procedemento ED330B).

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude no centro docente. Pódena descargar en https://sede.xunta.gal (procedemento ED330B), na páxina web do colexio (solicitude), ou recollela tamén no centro.

Deberán acompañar a solicitude coa copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. 

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27873.

Listaxe definitiva do alumnado admitido no curso 2019/2020

Teñen a súa disposición no arquivo adxunto a listaxe definitiva do alumnado admitido no curso 2019/2020.

Listaxe provisional do alumnado admitido no curso 2019/2020

No arquivo adxunto está a listaxe provisional do alumnado admitido no curso 2019/2020.

Admisión alumnado curso 2019 / 2020

O prazo de admisión do alumnado comeza o día 1 de marzo e remata o día 20 do mesmo mes. Teñen toda a información nos arquivos que se achegan.

O venres día 7 non hai clase

O venres 7 de decembro non hai clase porque é "O día do Ensino", segundo a Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar

Este curso levarase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do Centro. Este proceso afectará aos seguintes sectores: profesorado, proxenitores ou titores legais e persoal non docente.

No arquivo que se xunta, atopase a información do proceso electoral que corresponde ao sector dos proxenitores ou titores legais.

Renovación parcial do Consello Escolar

O centro informa, no arquivo adxunto, sobre a renovación parcial do Consello Escolar que deberá levarse a cabo no actual curso académico 2018/2019.

Comezo do curso 2018/2019

Xa estamos de volta!

O 12 de SETEMBRO COMEZAMOS AS CLASES

Listaxe definitiva de admitidos no Fondo de Libros

Premendo aquí terán acceso á listaxe definitiva dos admitidos a participar no fondo solidario de libros de texto para o curso 2018-2019.

Listaxe provisional de admitidos no Fondo de Libros

Premendo aquí poden acceder á listaxe provisional de admitidos para participar no fondo solidario de libros de texto.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 6º DE PRIMARIA

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018-2019

Preme no arquivo adxunto que aparece na parte inferior dereita desta publicación para ver a lista definitiva de alumnado admitido no centro para o curso 2018-2019.

 

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO

Premendo no arquivo adxunto na parte inferior dereita desta publicación, podedes visualizar a lista provisional de alumnado admitido no centro para o vindeiro curso:

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2018-2019

Para ver esta información, preme nos arquivos adxuntos que aparecen na esquina inferior dereita desta publicación.

Listaxe definitiva fondo solidario libros de texto curso 2017/2018

Premendo aquí poden acceder ao listado de admitidos no acceso aos libros de texto dispoñibles no fondo solidario do centro.

Libros de texto 2017-2018

REQUISITOS A TER EN CONTA PARA SOLICITAR O FONDO SOLIDARIO

CURSO 2017/18

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO (alumnos de 3º a 6º Primaria)
AXUDAS ADQUIRIR LIBROS TEXTO (alumnos 1º e 2º Primaria)
AXUDAS ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (alumnos Primaria)

REQUISITOS:

- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€
- Ter devolto os libros adquiridos coa axuda do curso 2016/17 (a
falta de devolución será causa de exclusión).
Prazo máximo o 23 de Xuño 2017.
PRAZO PRESENTACIÓN: Do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017
A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente
DOCUMENTACIÓN: (debe presentarse copia e orixinal para verificar e ten que ter validez
no memento da presentación)
1.- Libro de familia. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non
coincide (a 31/decembro/2015) coa reflectida no libro:
1.1.- No caso de separación ou divorcio: Sentencia xudicial de separación ou divorcio
e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor
1.2.- Certificado ou volante de convivencia
1.3.- Informe de servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que
acredite a situación familiar.
1.4.- Certificado de defunción.
2.- Certificado do grao de discapacidade recoñecido por un órgano que non pertenza á
Xunta de Galicia.
3.- Documentación xustificativa da violencia de xénero.
4.- A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase
coa correpondente resolución xudicial
RENDA PER CÁPITA FAMILIAR
- Situación familiar a 31 de decembro de 2015 e o exercicio fiscal 2015
- A renda familiar obterase da Suma das casiñas nº: 380 + 395 da declaración da renda do ano
2015 dividida entre o nº de membros computables da unidade familiar
- De no presentar declaración terase en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios
facilitados pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- No caso de divorcio ou separación non se considera membro computable aquel que non
conviva (salvo custodia compartida); non obstante, se e o caso, considerarase membro
computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación e as rendas incluiranse
dentro do cómputo.
DETERMINACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR (a 31 de decembro de 2015):
Membros computables:
- Pais non separados legalmente e se fora o caso titor ou titora legal
- Fillos e fillas menores de idade
- Fillos e fillas maiores de idade con discapacidade
- Fillos e fillas solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo
pai, nai, e todos os descendentes que convivan con eles
- No caso de separación ou divorcio con custodia compartida incluiranse dentro do
cómputo as rendas de ambos os proxenitores.
Membros non considerados computables:
- A persoa proxenitora que non conviva co alumnado non casos de separación legal ou
divorcio, agás no caso de custodia compartida.
- O agresor nos casos de violencia de xénero.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
(3 º a 6º Ed. Primaria):
Pode solicitar os alumnos de 3º a 6º de Educación Primaira, con independencia da renda per
cápita; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata
que se esgoten. En todo caso recibirán:
- 6 libros, renda* per cápita igual ou inferior a 5.400 €.
- 4 libros, renda* per cápita superior a 5.400 e gual ou inferior a 9.000 €.
Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou con discapacidade
igual ou superior ao 65 %: 6 libros con independencia da renda.
Axudas para adquirir libros de texto
(1 e 2º Ed primaria):
- Renda* per cápita igual ou inferior a 5.400 €: ...........170 €
- Renda* per cápita igual ou inferior a 9.000 €: ...........90 €
- Alumnado de EE ou con discapacidade igual ou superior ao 65 %, 250 €, con independencia
da renda.
AXUDAS ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (alumnos Primaria)
Axudas para adquirir material escolar (ESO e EE)
- Só para rendas* per cápita igual ou inferior a 5.400 €:........ 50 €.
 Non se aplica o límite de renda ó alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, ó alumnado de EE ou
con discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Distribuir contido