English Language

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "ADEL"

O pasado xoves, todos os alumnos/as de Educación Primaria disfrutaron da obra de teatro, en inglés, "Adel". Esta actividade foi promovida pola Sección Bilingüe do centro.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

"ADEL" Teatro en inglés

DESPEDIDA LIZZIE

Onte dixemos adeus, a nosa auxiliar de conversa, Lizzie. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria elaboraron carteis para despedila.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

DESPEDIDA LIZZIE

EXPOSICIÓN SOBRE O NADAL

Os nenos e nenas de 6º realizaron unha exposición en Inglés aos restantes cursos de Primaria. A temática foi o Nadal.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

                                   EXPOSICIÓN EN INGLÉS SOBRE O NADAL

BYE, ALYSSA!

Hoxe despedímonos da nosa auxiliar de conversa, Alyssa, que estivo con nos este curso dende o mes de outubro ata este mes de maio, contribuíndo dunha maneira lúdica na aprendizaxe do inglés e da súa cultura. Para demostrarlle cánto a queremos, algúns dos seus alumnos deixáronlle mensaxes con moito cariño neste vídeo:

VIDEO: 'BYE, ALYSSA!'

 

ENTREVISTA Á NOSA AUXILIAR DE CONVERSA, ALYSSA

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron á nosa auxiliar de conversa de inglés, Alyssa, sobre a súa experiencia neste programa educativo:

ENTREVISTA ALYSSA

ENGLISH EXTRA ACTIVITIES

Na pestana "Recursos" desta páxina web, encontraredes a materia "English Language", na que, se premedes, aparecerán os diferentes niveis. Dentro de "Educación Primaria", nos cursos de 4º, 5º e 6º, subiremos actividades adicionais e de repaso, así coma presentacións do que traballamos na clase de inglés. Deste modo, o alumnado que desexe repasar na casa terá este material dispoñible.

HAPPY BIRTHDAY ALYSSA!

O pasado martes foi o cumpleanos da nosa auxiliar de conversa Alyssa, e para que se sinta coma na casa, os nenos cantaron Happy Birthday e déronlle moitas apertas e debuxos ben chulos. Ademais, soplou a vela e pediu un desexo!

OUR HALLOWEEN WALL

Aquí temos o noso mural de Halloween, terrorífico e divertido, para aprender e repasar vocabulario.

 

WE START!

Neste curso 2017-2018, o alumnado de 4º, 5º e 6º superará diferentes probas para acadar os diferentes niveis de contidos propostos. Estas actividades serán levadas a cabo en grupos compostos por 3 ou 4 alumnos, tendo cada grupo un nome dun animal. Neste primeiro nivel, estamos a facer un repaso xeral da lingua con diferentes xogos orais e interactivos, así como comezando o libro de texto.

There is there are

Reading comprehension

GAMES

Reading

Dictionary

                                       

Phonics

                                           

Reading online

games

Distribuir contido