Tics

SCRATCH: 'EUROPEAN MUSEUMS'

Este é o xogo que presentaron unhas alumnas de 6º de Primaria ao concurso de 'Aprendo Programando' utilizando a ferramenta Scratch. Esperamos que vos guste!

EUROPEAN MUSEUMS

 

 

PLAN PROXECTA 'APRENDO PROGRAMANDO': SCRATCH

Neste centro estase levando a cabo o Plan Proxecta 'Aprendo Programando', que consiste en utilizar a ferramenta 'Scratch' para programar videoxogos, historias e vídeos, neste caso seguindo o tema de patrimonio cultural europeo. O alumnado de 6º de EP está seguindo diferentes pasos para aprender a manexar os usos básicos de esta ferramenta, e elaborando en grupos un videoxogo de preguntas e respostas sobre diferentes museos de Europa. Unha vez explicados os termos básicos, traballamos cunha plantilla base (adxunta nesta publicación) para non perderse e que cada grupo poida avanzar ao seu ritmo. A medida que se elabora o xogo, o alumnado vai aprendendo e introducindo outras variantes, como engadir son, movemento, e demais.

 

TUTORIAL PARA O USO DA FERRAMENTA 'CANVA'

'Canva' é una ferramenta na que podemos traballar online para realizar diferentes traballos como posters, infografías ou tarxetas. Esta ferramente é moi intuitiva e visual, polo que resulta útil para o uso en proxectos educativos. Para rexistrarse, so tendes que acceder ao link de CANVA e introducir o voso correo electrónico e contrasinal. Nesta ligazón podedes ver un tutorial sobre cómo usala:

TUTORIAL CANVA

ENGLISH EXTRA ACTIVITIES

Na pestana "Recursos" desta páxina web, encontraredes a materia "English Language", na que, se premedes, aparecerán os diferentes niveis. Dentro de "Educación Primaria", nos cursos de 4º, 5º e 6º, subiremos actividades adicionais e de repaso, así coma presentacións do que traballamos na clase de inglés. Deste modo, o alumnado que desexe repasar na casa terá este material dispoñible.

APLICACIÓN ADDITIO PARA PROFES

A aplicación dos cadernos Additio para profes permítenos almacear a información diaria da aula cómodamente. Pinchando en "Register", podémonos rexistrar coa nosa dirección de correo electrónico, e unha vez feito esto poderemos entrar escollendo o idioma desexado na pestana superior dereita da páxina. Esta aplicación conta con vídeos tutoriais de todas as opcións dispoñibles, entre as que se atopan levar o control de asistencia, a organización e planificación das clases, o horario, recadación de datos de reunións e de observacións do alumnado e elaboración de rúbricas. Preme na seguinte ligazón se queres unirte a esta app.

http://www.additioapp.com/en/teachers/

TUTORIAL de CLASS DOJO

Class Dojo é unha aplicación gratuita que se basa en premiar ao alumnado mediante puntos de diferentes categorías. Esta ferramenta tamén ofrece un control do tempo, asistencia, elección aleatoria na aula, formación de equipos e outros elementos que axudan á motivación do traballo na clase. Algúns profes do cole xa estamos a utilizalo. Aquí deixamos un tutorial de uso para quen lle interese. 

 

TICs NO COLE

Nesta sección iremos incluindo diferentes propostas relacionadas coas Tics tanto para profes como para pais e alumnado. Ademais, informaremos das inciativas levadas a cabo ao longo do curso por este departamento.

Distribuir contido