Día do Libro

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

Dende o 17 ao 21 de abril, conmemorouse a Semana do Libro, tal e como se establece na orde do calendario escolar, e dende o centro leváronse a cabo diversas actividades para dar resposta a mesma, entre as que destaca a realización de tarefas de xeito individual nas aulas, o decorado de marcapáxinas e a lectura ininterrompida do libro " A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne,  relacionadas todas elas coa temática do Proxecto Documental Integrado do centro.

PREME NA IMAXE.

DÍA DO LIBRO 2021

O pasado mes de abril, no colexio realizáronse diferentes actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO. O libro escollido foi o inmemorable O Principiño. O alumnado leu ou dramatizou o conto a outras clase. Ademais tivemos a sorte de contar cunha feira en homenaxe ao libro protagonista con varios exemplares.

Se pinchades na imaxe poderedes ver algunhas fotos.

LECTURAS COMPARTIDAS - DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro os alumn@s máis maiores léronlles aos máis pequenos. Esta actividade realizouse no patio do centro, onde grandes e pequenos puideron disfrutar da lectura.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

LECTURAS DOS MAIORES AOS PEQUENOS

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO 2018

Tanto o alumnado de Educación Infantil como Primaria, realizaron diferentes actividades no centro para conmemorar este día, como a lectura de libros durante o recreo no patio escolar, ou a participación dos cursos de 5º e 6º de EP nunha animación á lectura de Santillana sobre o libro co que traballaron, "Querido Hijo, Estamos en Huelga". 

O alumnado de Educación Infantil realizou unha actividade que consistía en buscar as portadas de diferentes contos coa axuda do robot.

Premendo nas ligazóns a continuación, podedes ver as fotos das diferentes actividades, ademais dos vídeos:

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2018

VÍDEO ANIMACIÓN Á LECTURA SANTILLANA 1

VÍDEO ANIMACIÓN Á LECTURA SANTILLANA 2

Distribuir contido