GUÍA DO ALUMNANDO CURSO 2023-2024

Premendo no arquivo adxunto adxunto accederán á guía do alumnado do curso 2023-2024

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2023-2024

No seguinte arquivo adxunto poderán acceder a información relativa ao inicio do presente curso escolar 2023-2024.

 

Apertura do prazo para solicitar unha praza no comedor no curso escolar 2023/24.

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN:

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2022:

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

Quen forma parte da unidade familiar

1. No caso de matrimonio, a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e:

a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.

b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal, a unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario).

3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

CONCERTO DIDÁCTICO BANDA XUVENIL DE SILLEDA

A banda xuvenil de Silleda ofreceu un concerto didáctico a tódolos niveis educativos do centro, tanto de Educación Infantil coma para a Educación Primaria. Para elo, acudimos ao Auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia, e os integrantes da banda, xunto co seu director, amosáronlles aos cativ@s diferentes instrumentos, tendo en conta a clasificación dos mesmos e fixeronos partícipes das diferentes actividades propostas.

O desenvolvemento da actividade podedes comprobalo premendo na imaxe.

SAÍDA A MARCELLE

O día 9 deste mes, os cativ@s de Educación Infantil, desprazáronse ata Outeiro de Rei (Lugo), para desfrutar dunha xornada no Parque Zoolóxico Marcelle Natureza, un parque natural que ten como obxectivo concienciar sobre como respectar e protexer a fauna e flora silvestre e conservar a natureza. Os animais que se aloxan no parque natural,  proceden de outros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate.

Fai click na palabra clave MARCELLE

PARAUGAS LITERARIO

Este mes, levouse a cabo a IV EDICIÓN DO PARAUGAS LITERARIO, na que participaron tódolos cursos do centro educativo, uns lendo e outros escenificando contos e historias diversas.

Para rememorar algún dos momentos vividos durante esta xornada podedes premer na imaxe.

SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

Os nen@s do segundo ciclo da Educación Primaria, como actividade complementaria, levaron a cabo unha saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Durante a visita, viron numerosos petroglifos, no Outeiro dos Cogoludos sentiron a maxia dos labirintos, no poboado da Idade de Bronce, comprobaron de primeira man  recreacións de cabanas, estructuras de almacenamento e cercados para os animais, que empregaban os nosos antepasados e como colofón final realizaron diferentes obradoiros.

PREME NA IMAXE PARA COMPROBAR A EXPERIENCIA.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

No arquivo adxunto pódese consultar o listado dos libros de texto para o curso escolar 2023-2024

SAÍDA AO ENREDO DO ABELLEIRO.

Os cativ@s de 1º e 2º de Educación Primaria, realizaron unha saída ao Enredo do abelleiro, ubicado en Portodemouros. Caracterízase por ser un museo vivinte do mel, dende o cal pretende achegar aos seus visitantes ao mundo das abellas. Alí, os pequenos realizaron diferentes obradoiros e afondaron un pouquiño máis na vida destes animais.

Premede na abella para ver as imaxes.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, tiveron a oportunidade de desfrutar, dun obradoiro de regueifas na aula de música.

FAI CLICK NA PALABRA QUE DA NOME A ESTE OBRADOIRO PARA COMPROBAR O TRABALLO FEITO NO MESMO.

 

REGUEIFAS

VISITA AO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DE FORCAREI

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Observatorio astronómico de Forcarei, que conta con dúas plantas, nas que puideron observar, na superior, unha cúpula de 5 metros de diámetro e un telescopio Ritchey-Chrétien de 51 centímetros de diámetro e na planta baixa o centro de control do telescopio.

Preme na imaxe para ver o desenvolvemento da actividade.

Observatorio Astronómico de Forcarey - Wikipedia, la enciclopedia libre

CONCERTO ODAIKO

O alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria, acudiu a Santiago de Compostela, para desfrutar dun espectáculo musical pedagóxico, a cargo do grupo de percusión Odaiko,  como parte das actividades arredor do Día Internacional dos Museos, este ano, adicado á sustentabilidade e ao benestar. Preme no nome do grupo para ver as imaxes.

 

ODAIKO

 

Fondo solidario de libros de texto, axudas libros de texto e material escolar 2023/2024

Abríuse o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto:

  • Prazo: Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño (este incluido).
  • Documentación: Solicitude, anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), fotocopia do libro de familia e, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador.
  • Presentación de solicitudes: Preferiblemente por vía electrónica, na aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

Toda a información está dispoñible na Orde do 10 de maio de 2023.

Solicitude (co anexo II incluido).

TALLER CONDUTAS P.A.S.

Onte pola mañá o alumnado de 5º e 6º de EP, e pola tarde, o profesorado do centro, participamos nun taller relacionado coas condutas P.A.S. (Protexer-Avisar-Socorrer) en situacións de emerxencia. A actividade consistíu nunhas sesións teórico-prácticas sobre a maneira de actuar ante contusións, queimaduras, hemorraxías..., así como coñecer a maniobra de Heimlich, a técnica de RCP, a posición lateral de seguridade e a manipulación dun DESA. 

O taller foi impartido por unha integrante de Cruz Vermella que exerce como enfermeira nun centro sanitario.

Tedes máis fotos se pinchades sobre a imaxe.

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

Dende o 17 ao 21 de abril, conmemorouse a Semana do Libro, tal e como se establece na orde do calendario escolar, e dende o centro leváronse a cabo diversas actividades para dar resposta a mesma, entre as que destaca a realización de tarefas de xeito individual nas aulas, o decorado de marcapáxinas e a lectura ininterrompida do libro " A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne,  relacionadas todas elas coa temática do Proxecto Documental Integrado do centro.

PREME NA IMAXE.

SKETCHS: O PAPEL DO HOME E DA MULLER NA FAMILIA E A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A continuación preséntanse unha serie de sketchs, feitos polos nen@s do grupo 1 de Educación Infantil e 6º A de Educación Primaria, cuia temática, no primeiro dos casos, fai referencia ao papel da muller e o home, tendo en conta a diversidade de familias existentes, e no segundo sketch, alúdese como idea central a violencia de xénero.

 

SKETCH EDUCACIÓN INFANTIL

SKETCH EDUCACIÓN PRIMARIA

SAÍDA A CARBALLEIRA DAS CASIANAS.

Nos derradeiros día do segundo trimestre, os nen@s do primeiro ciclo de Educación Primaria, como actividade final, levaron a cabo, unha saída a carballeira das Casianas. 

Preme nas seguintes palabras.

SAÍDA AS CASIANAS.

 

OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN.

De cara ao final do segundo trimestre, leváronse a cabo dous obradoiros de coeducación dirixidos ao alumnado de Educación Primaria.

O primeiro deles, "A igualdade a través dos contos", estivo encamiñado de cara aos cativ@s de 2º e 3º de Primaria; o segundo, "Identificar emocións, sentimentos e situacións que as desencadean" aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º.

Podedes comprobar o desenvolvemento dos mesmos premendo na imaxe.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA.

O 21 de Marzo, celebramos no centro o "Día Mundial da Poesía" e o "Día da árbore", por medio da creación de poemas relacionados coa temática arbórea.

Preme na seguinte imaxe para a preciar as diferentes creacións.

Visita do campeón de pesca deportiva David Arcay