Prensa

CHRISTIAN COSTOYA ELEXIDO PARA PARTICIPAR NA ACADEMY CEK

ENTREVISTA Á NOSA AUXILIAR DE CONVERSA, ALYSSA

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron á nosa auxiliar de conversa de inglés, Alyssa, sobre a súa experiencia neste programa educativo:

ENTREVISTA ALYSSA

CHRISTIAN COSTOYA NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE KARTS

O alumno do noso centro, Christian Costoya, debutou na copa nacional de karts, sendo campeón no circuito de Aragón á idade de 7 anos. Para ver a noticia completa, preme na seguinte ligazón:

CHRISTIAN COSTOYA NO CAMPEONATO DE ESPAÑA

CHRISTIAN COSTOYA VENCE NUN CAMPEONATO DE KARTING

O alumno do noso centro, Christian Costoya, participou e venceu no campeonato de karting celebrado en Toledo. Para ver a noticia completa, preme na seguinte ligazón:

CHRISTIAN COSTOYA CAMPEONATO KARTING

VISITA DEPORTIVA NO CENTRO

O concello de Silleda inaugura a Escola de Baloncesto xuvenil o vindeiro mes de abril. Para informar ao alumnado da mesma, estes recibiron a visita de dous xogadores de baloncesto, un entrenador, e da concelleira de Deportes. Premendo na seguinte ligazón veredes a noticia desta visita:

VISITA ESCOLA BALONCESTO

NOTICIA LEDICIA COSTAS NO CEIP PLURILINGÜE DE SILLEDA

Premendo na seguinte ligazón poderedes ver a noticia publicada no periódico 'La Voz de Galicia' sobre a visita da escritora galega Ledicia Costas ao noso centro:

NOTICIA LEDICIA COSTAS NO CEIP PLURILINGÜE DE SILLEDA

OUTRO FUTURO CAMPIÓN NA ESCOLA

Moito ánimo e sorte para o noso alumno Brais, que a pesares da súa idade non lle asusta competir con deportista con máis experiencia e idade.

Brais Fontao y Pan Duriña, ayer, en Botos, donde vive la familia del joven deportista. // Bernabé/Javier Lalín

CONCERTO DE SAMAÍN

UN GRANDE NO CEIP DE SILLEDA

Dende o cole desexámolles para esta fin de semana moitísima sorte ao noso alumno Christian Costoya que a pesares de contar con so 5 anos xa leva demostrado o moito que vale. 

VISITA AO MUSEO DO TÍTERE DO NOSO ALUMNADO NO XORNAL

Click na foto para amosar a nova.

PATIO CUBERTO

 

Todos os apoios son necesarios, seguro que entre todos conseguiremos que o patio cuberto sexa unha realidade.

                             

XORNADA "XOGADE"

Os nosos alumnos/as de 4º, 5º e 6º participaron nunha proba interescolar de campo a través.

Foi unha xornada moi animada na que os alumnos disfrutaron da actividade deportiva nas instalacións da Semana Verde. Ao final o importante non son os gañadores senon as ganas de participar e de establecer relacións cos compañeiros doutros centros próximos.

Os xornais da comarca dan conta da nova:

FARO DE VIGO (clic na imaxe)

El campeonato zonal de campo a través reúne a 300 escolares

 

 

Na Voz de Galicia (clic na imaxe)

 

O NOSO SAMAÍN NA PRENSA

A VOZ DE GALICIA

 

 

O FARO DE VIGO

HANSEL E GRETEL

Máis do concerto didáctico. (CLIC NA FOTO)

CONCERTO DIDÁCTICO

Aí estivemos nós......(CLIK NA FOTO)

 

 

 

REMATARON AS OBRAS DAS CUBERTAS LATERAIS

Remataron as obras do cambio das cubertas laterais do centro, por fin este ano os nosos alumnos/as poderán empregar os baños das aulas de infantil (inutilizados por mor das goteiras que sufrimos durante todo o inverno), dunha aula de música sen caldeiros polo medio e dunha biblioteca sen humidades. Agradecemos a rapidez na execución das obras por parte da Consellería pero non esquencemos que ainda temos obras pendentes que, mellor antes que despois, é necesario levar a cabo.

_ Cubertas laterias

Aproveitamos a visita do Delegado Territorial e do Xefe Territorial para lembrarlle a necesidade do patio cuberto, a solución ás goteiras que sufrimos no comedor escolar, a necesidade de cambiar a caldeira xa que o calor non chega ás aulas dos andares superiores e os invernos en Silleda non son agradables e como o pedir, igual que o falar, non ten cancelas, mostrámoslle os bambáns do que fan uso os nenos/as de E.I. e 1º de primaria sacando o compromiso de achegarnos unha axuda para mellorar un pouquiño esa zona do patio de recreo. Somos conscientes que son obras de gran embergadura e que todos os centros teñen algunha eiva que arranxar

O NOSO NON PATIO CUBERTO

Moitos son os anos que se leva reclamando a construcción dun patio cuberto para o cole, ou cando menos unha estructura que posibilite que os nosos alumnos/as non se mollen durante as saídas e entradas ao colexio (falamos de 375 alumnos/as), durante os traslados ao comedor, clase de música, inglés, informática, psicomotricidade e biblioteca do alumnado de infantil (nada menos que preto de 100 alumnos/as). 

Motivo polo cal temos saído máis dunha vez no períodico.......

_ Recollida de firmas

Reunións Delegación de Educación

Parécenos un tema do máis necesario e a pesares das continuas negativas a súa execución, dende o Claustro seguiremos insistindo sobre a necesidade de facer a vida dos nosos alumnos/as un pouquiño máis fácil e sen dúbida a colaboración do Concello, dos pais e da Consellería será necesaria para que o patio cuberto do CEIP de Silleda sexa unha realidade. Temos unha débeda pendente cos nosos alumnos/as. 

XORNAIS

Distribuir contido