Entroido

ENTROIDO 2024

O pasado 9 de febreiro, celebramos na escola o Entroido. A temática deste ano, facía referencia ao Proxecto Documental Integrado "Galicia",  en concreto o centro de interese foi o entroido galego. Así, puidemos ver aos Xenerais do Ulla, aos Volantes de Chantada, aos Peliqueiros, ás Pantallas, ao loro Rabachol e o home dos cornos de Merza.

Para poder ver algunha das imaxes do desenvolvemento da xornada premede na seguinte imaxe.

VISITA DOS BALDREUS DE SILLEDA

O xoves 8, tivemos unha visita un tanto especial dos Baldreus de Silleda, durante a cal algúns dos integrantes desta formación ataviados coas roupas e complementos propios deste disfraz, fixeron unha demostración da actividade que eles mesmos levan a cabo, no entroido.

A seguinte imaxe redireccionaravos as imaxes da sesión, preme nela.

Banda de Música Municipal de Silleda

VISITA DOS XENERAIS DE MERZA

Este ano, @s cativ@s de Educación Infantil, disfrazáronse de "Xenerais do Ulla", posto que a temática elexida dende o centro foi o entroido galego. Por iso, nos días previos a celebración, viñeron a escola, a mamá e a tía de dous nenos da escola, que forman parte dos  Xenerais do Ulla en Merza, para explicarnos, a composición do seu traxe, así como aspectos de interese, relacionados co mesmo.

Preme na seguinte imaxe para ver o desenvolvemento da actividade.

Xenerais da Ulla, Fiesta de Interés Turístico de Galicia

OS CACHARELOS

Nesta semana de ENTROIDO no cole, foron numerosas as actividades levadas a cabo, e entre elas cabe destacar a visita dos CACHARELOS de Lalín ao centro. Deste xeito, os nen@s poideron coñecer de primeira man, esta personaxe do Entroido galego.

Preme na imaxe para ver o vídeo da actividade.

Entroido 2020

ENTROIDO 2020

 É TEMPO DE TROULEAR !!!

 

ENTROIDO 2019 - SUPERHÉROES

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos da celebración do Entroido:

                              ENTROIDO 2019 

 

XOVES DE COMADRES - ENTROIDO

Con motivo da celebración do xoves de comadres, os nenos correron cos lardeiros, elaborados en Plástica. Nesta ocasión, foron elas as encargados de correr detrás deles para intentar quitarllos e romperllos.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

XOVES DE COMADRES

O ENTROIDO - XOVES DE COMPADRES

Hoxe, con motivo da celebración do xoves de compadres, as nenas correron cos lardeiros, elaborados en Plástica. Os nenos foron os encargados de correr detrás delas para intentar quitarllos e romperllos.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

XOVES DE COMPADRES

LARDEIROS DO ENTROIDO

O alumnado do centro creou en Plástica uns lardeiros moi orixinais para xogar con eles o pasado venres na celebración do entroido. Aquí vos deixamos as imaxes dalgún deles:

ENTROIDO 2018

Para ver o álbum completo das fotos deste entroido, premede na seguinte ligazón:

FOTOS ENTROIDO 2018

BO ENTROIDO!

venres 24 de febreiro 2017

xoves 23 de febreiro 2017

Entroido 2017

Entroido

 

 

As fotos do Entroido podédelas atopar na galería desta web,  

ou premendo na imaxe.

 

 

                                        

ENTROIDO

Entroido

 

                               

                                

Se o venres 

te queres fartar de rir 

disfrazado como queiras 

podes vir.

Entroido

           

Vestirás un pixama

coma se foses para a cama,

ou un fermoso camisón

para estomballar no colchón.

Non te esquezas dun orixinal peiteado

para vir todo conxuntado.

Entroido 2015

                        

Entroido 2015

                

Distribuir contido