Plan Proxecta 'Centros Activos e Saudables'

Almorzo saudábel

Como dinámica integrada dentro do proxecto de saúde no que participa o noso centro, o alumnado de 6ºB levou a cabo un almorzo saudábel no cal traballamos a concienciación sobre este tipo de hábitos.

Logo de calcular as cantidades e o tipo de nutrientes que precisamos nesta primeira franxa horaria, o alumnado realizou a compra dos produtos acordados nalgúns dos establecementos da vila, rematando co almorzo ao día seguinte.

Podedes consultar máis IMAXES premendo aquí e na historia destacada de “saúde”.

 

 

Xogos de primavera

Que mellor forma de celebrar o día da Saúde, que aproveitando o levantando das restricións para retomar algunhas das dinámicas dos patios.

Comezamos cos xogos de primavera, nos cales cada día da semana poderán participar nos campionatos das diferentes modalidades deportivas, quedando da seguinte maneira:

  • Luns: TCHOUKBALL.
  • Martes: CARRILANAS + PALADÓS.
  • Mércores: FUT - BÉISBOL.
  • Xoves: DATCHBALL.
  • Venres: BÁDMINTON.

Teremos máis novidades na 3ª avaliación!

Preme enriba da seguinte imaxe para ver máis información sobre esta dinámica deportiva.

 

XOGOS POPULARES 4º, 5º e 6º EP

O alumnado de 4º, 5º e 6º curso de EP participou nunha xornada de Xogos Populares na Semana Verde de Silleda, na cal realizaron diferentes xogos e actividades. Preme na seguinte ligazón para ver as fotos da actividade:

XOGOS POPULARES

XOGOS NO PATIO

No patio do noso cole temos pistas deportivas, xogos tradicionais, e un rocódromo entre outros. Aquí vos deixamos algunhas fotos de como os nenos o pasan xenial nestas diferentes zonas:

XOGOS NO PATIO

Distribuir contido