Samaín

A LENDA DO VÁKNER

Aproveitando que o Proxecto Documental Integrado do centro, este ano, ten como centro de interese "Galicia", e  posto que nos atopamos na  celebración do Samaín, os nen@s do centro de Educación infantil e Primaria, traballaron a figura dun personaxe dunha lenda galega como é Vákner, home lobo, que aterraba aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Así pois, os pequen@s de Educación Infantil, elaboraron un vídeo explicativo, facendo alusión a determinados aspectos desta figura, namentres que os rapaces e rapazas da Educación Primaria, dende 1º ata 6º, inventaron un conto, cuio argumento xira ao arredor deste ser mitolóxico.

Premendo en cada unha das etapas educativas accederás ao traballo executado.

INFANTIL     Siguiendo las huellas del Vákner, el hombre lobo - Galicia con niños |  GALICIA MÁXICA           PRIMARIA

 

SAMAÍN 2023

O día 31 de outubro, celebramos na escola o Samaín, levando a cabo diferentes actividades que a continuación se presentan nun vídeo resumo desta xornada. Durante a mesma, os cativ@s gozaron desta festividade disfrazándose, realizando conxuros, elaborando sombreiros terroríficos en colaboración coas familias para ambientar os corredores do centro, levando a cabo desfiles e bailes, ou mesmo, facendo, diferentes manualidades de elementos propios desta data.

Preme no sombreiro para comprobar de primeira man o acontecido.

▷ Sombreros de Bruja y Hechicero: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones  ¡100% GRATIS!

O SAMAÍN

O venres pasado, celebramos no

centro o SAMAÍN. Para elo leváronse a cabo

diferentes actividades, como as que se amosan, entre outras moitas, no seguinte vídeo.

Preme na imaxe para acceder a el.

Samaín en Educación Infantil

Premendo enriba da seguinte imaxe podedes ver unha pequena mostra da semana de Samaín en educación infantil. Grazas familias pola aportación das gadañas terroríficas.

 

Celebración do Samaín 2021-2022

No día de hoxe celebramos o Samaín con distintas actividades terriblemente emocionantes coma un conxuro e a visita da Santa Compaña.

 

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN 2019

Para celebrar o Samain os corredores do colexio enchéronse de vasoiras terroríficas e tamén fixemos un conxuro que asustou a máis de un...Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:      https://drive.google.com/drive/folders/1hSqOsAFFC_PgE6iqpqrQqNZZQHNdW8s2...

 

 

O SAMAÍN 2018. AULA DO TERROR

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos da celebración do Samaín no centro.

O SAMAÍN. AULA DO TERROR

CONXURO NO SAMAÍN

Para a celebración do Samaín no centro, entre outras actividades, realizouse un conxuro terrorífico.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos.

 

 CONXURO SAMAÍN

O CEIP SILLEDA DESÉXAVOS UN BO SAMAÍN!

Dende o cole desexámosvos un bo Samaín/Halloween! Aquí tendes dous Doodle de Google: o primeiro, un vídeo moi divertido, e o segundo, un xogo aínda mais divertido! Preme neles para pasalo de medo:

Xogo Halloween Doodle

SAMAÍN 2017

No noso cole xa temos decorada a aula do terror e as cabazas que dan moito medo. Tamén fixemos un conxuro terrorífico. Preme na ligazón para ver as imaxes:

FOTOS SAMAÍN 2017

 

VÍDEOS DE HALLOWEEN

Recomendamos os seguintes vídeos con temática de Samaín (Halloween), para que o disfruten dende os mais peques ata os maiores!

HALLOWEEN AT SCHOOL!

Esta semana comezamos a traballar Halloween/Samaín na escola con actividades tan chulas coma terroríficas!

COMEZAMOS A PREPARAR O SAMAÍN

En tódalas aulas comeza a preparación para o Samaín. Os máis pequenos están a pintar unhas follas para decorar a árbore tenebrosa que presidirá o hall de infantil.

 

 

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Os máis pequenos levaron unha pequena sorpresa días antes do Samaín cando no patio desenterraron unha momia que semellaba ter  unha morea de séculos. Houbo de todo: risas, bágoas, berros, estupor...pero todos, de lonxe ou de preto, querían ver a nosa momia.

 

 

               

 

CONCERTO DE SAMAÍN

SAMAÍN

XA TEMOS AS FOTOS DO

 

SAMAÍN NA GALERÍA

 

BUSCADEAS NA CARPETA

 

SAMAÍN 2015.

SAMAÍN

 

HALLOWEEN

SAMAÍN 2014

Hoxe celebramos o Samaín no colexio, a sala que empregamos normalmente para a exposición de cabazas quedóusenos pequena e tivemos que improvisar outros lugares onde  amosar estas marabillas.

Queremos agradecer as familias a vosa colaboración nesta exposición, a verdade é que os nenos o tiveron difícil para decantarse pola máis terrorífica, a máis divertida, a máis estrambótica e a máis orixinal. Todas estaban insuperables.

Mañá de 9:15 a 11:15 as familias teredes a oportunidade de visitar as exposicións situadas no vestíbulo do edificio de infantil, na ludoteca e nas escaleiras do primeiro andar. Despois tocará recoller ata o ano que vén, unha mágoa que non duren máis tempo.

 

Para os que non vos poidades achegar a esa hora vos deixámosvos unha pequena mostra gráfica do Samaín 2014 do Ceip de Silleda. Nos vindeiros días colgaremos máis.

 

RECURSOS DO SAMAÍN

Por se queredes pasar estes días terroríficamente sen aburrirvos......

Distribuir contido