ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Os máis pequenos levaron unha pequena sorpresa días antes do Samaín cando no patio desenterraron unha momia que semellaba ter  unha morea de séculos. Houbo de todo: risas, bágoas, berros, estupor...pero todos, de lonxe ou de preto, querían ver a nosa momia.