Educación Infantil

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º E.I.

Despedimos de E.I. ao noso alumnado que para o curso que vén será recibido polos compañeiros/as de primaria. Algúns continúan con nós, outros o farán noutro centro. Do xeito que sexa desexámolles que teñan un bo comezo de curso.

E así foi a súa graduación........

Clic na imaxe.

 

 

 

1º PREMIO MELLOR CÓMIC. CATEGORÍA EDUCACIÓN INFANTIL

Para ver o traballo destes artistas prema na imaxe.

DISERTACIÓN "PEGADAS QUE PERDURAN - OS DINOSAUROS"

En días pasados tivemos a honra de contar no noso centro con expertos especialistas no mundo dos Dinosauros. Agradecemos o tempo dedicado a acercarnos un pouco máis ao fantástico mundo dos dinosauros.

 

Deixamos o vídeo coa disertación dos especialistas.

Visita do alumnado de 3 anos á Escola de Artes "Mestre Mateo"

"Mestre Mateo" esta visita inclúese dentro dun proxecto de escultura que están levando a cabo na aula.

Visita tamén á exposición de esculturas se Henry Moore na praza do

obradoiro.

                                       

COMEZAMOS A PREPARAR O SAMAÍN

En tódalas aulas comeza a preparación para o Samaín. Os máis pequenos están a pintar unhas follas para decorar a árbore tenebrosa que presidirá o hall de infantil.

 

 

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Os máis pequenos levaron unha pequena sorpresa días antes do Samaín cando no patio desenterraron unha momia que semellaba ter  unha morea de séculos. Houbo de todo: risas, bágoas, berros, estupor...pero todos, de lonxe ou de preto, querían ver a nosa momia.

 

 

               

 

AS NOSAS CLASES DE INFORMÁTICA

Os alumnos/as de Educación Infantil tamén asisten a unha hora semanal de informática. Cando lles toca xa están esperando impacientes xunto á porta.

  

  

6 RAZÓNS PARA XOGAR FORA CANDO CHOVE OU FAI FRÍO

Un artigo interesante que nos fai reflexionar sobre a inxustificada necesidade de sobreprotexer aos nosos pequenos.

CH3 JUGAR cuando llueve o hace frío

MUSEO DO TÍTERE NO PAZO DE LIÑARES

Dende o Ceip de Silleda agradecemos ao Concello de Lalín e especialmente a Anxo Basterra (dinamizador do museo e coordinador de Viravolta Títeres) que lle abrira as portas do museo do Títere aos nosos alumnos/as de 5º de E.I. Pasaron unha xornada fantástica, primeiro visitando o Muiño de Cuiña (Prado) con motivo da finalización do seu proxecto sobre o millo e posteriormente achegáronse ao Pazo de Liñares para ser uns dos primeiros visitantes do Museo do Títere que abriu as súas portas o Sábado.

     

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

CONMEMORACIÓN  DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 celebrouse o día contra a Violencia de Xénero. Ese día, recordamos as vítimas, vemos datos, constatamos que aínda queda moito por facer. As mulleres seguen morrendo ano tras ano por este terrorismo machista, seguen sufrindo na súa vida e na dos seus fillos e fillas agresións físicas e psicolóxicas, seguen vivindo, demasiadas veces en silencio, un inferno do que é moi difícil escapar. Vivir sen violencia é un dereito. A violencia machista conculca os dereitos e pon en perigo a vida de moitas mulleres galegas, é a manifestación máis terríbel da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade. 

A violencia que se exerce contra as mulleres segue a ser un problema global, que ten as súas raíces na estrutura dos sistemas sociais, nos costumes, nas pautas e valores culturais que asignan ás mulleres unha posición inferior e subordinada na familia, no traballo e na sociedade.

 

O equipo de infantil quixemos achegar esta realidade aos nosos alumnos/as máis pequenos a través da adaptación teatral do conto " O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Se premedes na portada do conto poderes ver a representación teatral.

                         

Mamá Cabra, tamén canta ao Samaín

E BAILAMOS NO SAMAÍN

Brinca vai achéganos o seu tema "No Samaín"....queredes escoitalo?. Premede na imaxe e.......todos a bailar.

HELLS BELLS


 

 

CORTOS PARA O SAMAÍN

Ideal para estes días, unha de clásicos para que os máis pequenos e os pais desfruten sen medo a perder o sono.....

PARA LER E REFLEXIONAR

Un artigo moi recomendable para despexar algunhas inquedanzas.

 

 Alumnos de Primaria entran en una clase.

IV ROMARÍA INFANTILIAR

Xa van catro edicións desta xuntanza que facemos coas familias dos máis cativos do colexionelas non faltan talleres, xogos populares, danza e música que fan dá xornada un momento moi especial para os/as alumnos/as.

Un ano máis agradecemos aos pais que se achegaron a compartir connosco esta romaría.

A FADA MANDOLINA

UN DÍA DE TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

Os nenos de Educación Infantil despois de traballar durante a semana da prensa os distintos aspectos dos diarios (pe de foto, contidos das novas, titulares das noticias, seccións dos periódicos.......) topáronse cunha morea de periódicos na aula. que era necesario reciclar.

E agora, que facemos con eles? barcos de papel? sombreiros? cucuruchos para as castañas? forramos libros? empregámolos coma papel de agasallo?......ningunha das ideas nos parecía boa.......ata que a un neno ocorréuselle facer traxes de papel, fermosos vestidos de letras impresas.

Xa tiñamos sobre a mesa un novo taller: “ a confección de vestidos con papel de periódico”. Botamos uns días medindo; cintura, sisa, largo da saia, …… e unha vez feito iso comezamos a tarefa de transformar unhas follas de papel nun auténtico traxe de festa.

E cando rematamos preguntaron, e agora que? E coma a estes nenos/as non lles vale cun “por que si” puxemos a funcionar as cabeciñas….. imos de festa? Vendémolos na feira? Facemos un teatro?.

Como pasa moitas veces comezamos a casa polo tellado, cando normalmente o que se fai é ter unha obra de teatro e logo pensar no vestiario e na decoración, nos puxemos patas arriba esa forma de traballo XA TIÑAMOS O ATREZZO antes de ter a obra……pero adaptámonos perfectamente e convidamos a todos os nosos compañeiros de infantil a inauguración da nosa representación teatral.

 

Aquí vos deixamos o vídeo dun dos pases e agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós. 

 

obra de teatro

Distribuir contido