SAMAÍN 2014

Hoxe celebramos o Samaín no colexio, a sala que empregamos normalmente para a exposición de cabazas quedóusenos pequena e tivemos que improvisar outros lugares onde  amosar estas marabillas.

Queremos agradecer as familias a vosa colaboración nesta exposición, a verdade é que os nenos o tiveron difícil para decantarse pola máis terrorífica, a máis divertida, a máis estrambótica e a máis orixinal. Todas estaban insuperables.

Mañá de 9:15 a 11:15 as familias teredes a oportunidade de visitar as exposicións situadas no vestíbulo do edificio de infantil, na ludoteca e nas escaleiras do primeiro andar. Despois tocará recoller ata o ano que vén, unha mágoa que non duren máis tempo.

 

Para os que non vos poidades achegar a esa hora vos deixámosvos unha pequena mostra gráfica do Samaín 2014 do Ceip de Silleda. Nos vindeiros días colgaremos máis.