RECOMENDACIÓNS LECTORAS

A continuación establécense as recomendacións lectoras para este Nadal nun documento adxunto.

 

 

 

PANXOLIÑAS DE NADAL

SAÍDA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 seguen a coñecer os servizos cos que conta Silleda, a súa localidade,como parte do PDI do centro "Galicia", sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”.

Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz.

Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.

 

SAÍDA AS ALDEAS DE NADAL

 Metidos de cheo no Nadal, todos os nen@s de Educación Infantil, levamos a cabo unha saída ás aldeas de Nadal de Lalín. Alí disfrutamos un montón, entrando e saíndo das diferentes casiñas, de cada unha das aldeas e realizando un percorrido polas mesmas no tren turístico.

 

 

FEIRA DA ALEGRÍA

O venres 15, levouse a cabo na Praza Juan Salgueiro de Silleda, unha nova edición da Feira da Alegría, organizada polo noso centro. Nos diferentes postos, había produtos á venda elaborados polo propio alumnado e na maioría dos casos, a temática ía relacionada co Proxecto Documental do Centro "Galicia". A recaudación conseguida irá para a asociación Aúpa Deza.

Podedes ver algunhas das imaxes da xornada premendo na palabra

ALEGRÍA  

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 O día 24 de novembro, celebramos na escola o “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, e en tódalas aulas se traballou sobre o conto  

“ Peúgo, o calcetín melenudo”, ao que lle deron voz, dúas mestras do centro.

Así, tamén se fixo uso de actividades interactivas, para traballar a comprensión e o recoñecemento de imaxes do conto, ás que podedes acceder dende as vosas casas nos seguintes enlaces:
 
É para rematar a celebración deste día os nen@s que o desexaron, participaron nun obradoiro, proposto dende a biblioteca do centro, de creación e elaboración do seu propio Peúgo, partindo dun calcetín e da súa propia imaxinación, e que á vez nos permite comezar a dar forma ao recén implementado nos centros "Polos creativos".
 
 
Podedes ver como foi o proceso de elaboración, premendo na seguinte imaxe.
 
 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, día 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso centro, o xoves e venres pasado, para conmemoralo, desenvolveuse un circuíto para todo o alumnado, formado por diferentes estacións, cuias temáticas, facían alusión a discapacidades físicas, visuais e auditivas, realizando diversas actividades que lles permitiron aos cativ@s, comprobar na súa propia pel, as trabas ás que se teñen que enfrontar as persoas con algún tipo de discapacidade, e deste xeito concienciar aos nen@s da importacia da inclusión destas persoas.

Premendo na seguinte imaxe podedes ver  un pouco da actividade.

Guía de salud laboral y discapacidad ¡No te quedes sin ella! | Prevencionar

Así mesmo, clicando no seguinte enlace tedes a vosa disposición máis imaxes da actividade.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/galeria/thumbnails.php?album=118

 

SAÍDA AO CINE

Os nen@s do primeiro ciclo de Educación Primaria, levaron a cabo, o día 24 de novembro, unha saída ao cine á Estrada, para visionar a película "Wish".

Preme no cartel da película para comprobar o desenvolvemento da sesión.

 

MAGOSTO 2023

O venres día 10, celebramos na escola

"O MAGOSTO".

Foron moitas as actividades que levamos a cabo: decoramos tetrabriks para gardar as castañas, elaboramos zonchos, desfrutamos dun obradoiro de baile galego e degustamos o froito típico desta festividade.

 

 

 

A LENDA DO VÁKNER

Aproveitando que o Proxecto Documental Integrado do centro, este ano, ten como centro de interese "Galicia", e  posto que nos atopamos na  celebración do Samaín, os nen@s do centro de Educación infantil e Primaria, traballaron a figura dun personaxe dunha lenda galega como é Vákner, home lobo, que aterraba aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Así pois, os pequen@s de Educación Infantil, elaboraron un vídeo explicativo, facendo alusión a determinados aspectos desta figura, namentres que os rapaces e rapazas da Educación Primaria, dende 1º ata 6º, inventaron un conto, cuio argumento xira ao arredor deste ser mitolóxico.

Premendo en cada unha das etapas educativas accederás ao traballo executado.

INFANTIL     Siguiendo las huellas del Vákner, el hombre lobo - Galicia con niños |  GALICIA MÁXICA           PRIMARIA

 

SAMAÍN 2023

O día 31 de outubro, celebramos na escola o Samaín, levando a cabo diferentes actividades que a continuación se presentan nun vídeo resumo desta xornada. Durante a mesma, os cativ@s gozaron desta festividade disfrazándose, realizando conxuros, elaborando sombreiros terroríficos en colaboración coas familias para ambientar os corredores do centro, levando a cabo desfiles e bailes, ou mesmo, facendo, diferentes manualidades de elementos propios desta data.

Preme no sombreiro para comprobar de primeira man o acontecido.

▷ Sombreros de Bruja y Hechicero: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones  ¡100% GRATIS!

OBRADOIRO DE ROBOTS MONSTRUOSOS

Durante a semana previa, a celebración do Samaín, levouse a cabo na biblioteca do centro, un obradoiro de creación de robots monstruosos, no que poideron participar tódolos nen@s. Durante o mesmo, realizaron a montaxe do circuíto eléctrico, para darlle movemento e posteriormente cada quen decorouno ao seu gusto.

Unha de moitas experiencias, neste novo Recuncho Maker.

PREME NO ROBOT PARA VER O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.

Robot 78: Happy Dance Animated GIF Robot | TIM

 

Menús "comidas galegas"

Menús "comidas galegas" 27/10/2023

.- Fabada de Lourenzá

.- Tortilla de Betanzos

.- Empanadilla de mazá

.- Sidra da Estrada

GUÍA DO ALUMNANDO CURSO 2023-2024

Premendo no arquivo adxunto adxunto accederán á guía do alumnado do curso 2023-2024

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2023-2024

No seguinte arquivo adxunto poderán acceder a información relativa ao inicio do presente curso escolar 2023-2024.

 

CONCERTO DIDÁCTICO BANDA XUVENIL DE SILLEDA

A banda xuvenil de Silleda ofreceu un concerto didáctico a tódolos niveis educativos do centro, tanto de Educación Infantil coma para a Educación Primaria. Para elo, acudimos ao Auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia, e os integrantes da banda, xunto co seu director, amosáronlles aos cativ@s diferentes instrumentos, tendo en conta a clasificación dos mesmos e fixeronos partícipes das diferentes actividades propostas.

O desenvolvemento da actividade podedes comprobalo premendo na imaxe.

SAÍDA A MARCELLE

O día 9 deste mes, os cativ@s de Educación Infantil, desprazáronse ata Outeiro de Rei (Lugo), para desfrutar dunha xornada no Parque Zoolóxico Marcelle Natureza, un parque natural que ten como obxectivo concienciar sobre como respectar e protexer a fauna e flora silvestre e conservar a natureza. Os animais que se aloxan no parque natural,  proceden de outros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate.

Fai click na palabra clave MARCELLE

PARAUGAS LITERARIO

Este mes, levouse a cabo a IV EDICIÓN DO PARAUGAS LITERARIO, na que participaron tódolos cursos do centro educativo, uns lendo e outros escenificando contos e historias diversas.

Para rememorar algún dos momentos vividos durante esta xornada podedes premer na imaxe.

SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

Os nen@s do segundo ciclo da Educación Primaria, como actividade complementaria, levaron a cabo unha saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Durante a visita, viron numerosos petroglifos, no Outeiro dos Cogoludos sentiron a maxia dos labirintos, no poboado da Idade de Bronce, comprobaron de primeira man  recreacións de cabanas, estructuras de almacenamento e cercados para os animais, que empregaban os nosos antepasados e como colofón final realizaron diferentes obradoiros.

PREME NA IMAXE PARA COMPROBAR A EXPERIENCIA.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

No arquivo adxunto pódese consultar o listado dos libros de texto para o curso escolar 2023-2024

Distribuir contido